Cecilio Bedia Caballería
Cecilio Bedia Caballería, en ocasións escrito Cecilio Bedia de la Cavallería,[1] nado en Viveiro o 22 de novembro de 1868 e finado en Buenos Aires o 18 de maio de 1953, foi un militar galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1868 Viveiro, España |
Morte | 18 de maio de 1953 (84 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Director xeral da Garda Civil | |
15 de agosto de 1932 – 15 de febreiro de 1935 ← Miguel Cabanellas – Miguel Cabanellas → | |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 1886 - |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | guerra civil española |
Traxectoria
editarFillo de Urbano Bedia Cora. Estudou o bacharelato en Lugo e ingresou na Academia de Artillaría de Segovia a principios de febreiro de 1886. Rematou en 1889 coa graduación de primeiro tenente, e foi adscrito provisionalmente ao 8º Batallón da Praza.
Volveu a Galicia, como militar, en 1893, coa función de encargarse da recepción de quintos na Coruña, Mondoñedo e Santiago de Compostela, até a súa reincorporación á gornición de Vicálvaro, e dende alí foi destinado ao 5º Rexemento montado de Segovia. En agosto de 1894 regresou a Lugo coa 4ª batería, permanecendo na capital lucense até o mes de marzo de 1895, alternando distintas xornadas ordinarias entre Mota del Marqués, Lugo e Córdoba. Ascendeu a Capitán de Artillaría o 16 de marzo de 1898.
Incorporouse ao 13º Rexemento montado de Burgos. Casou nesa cidade con Fernanda Alfaro Alfaro en 1902 e nela residirían durante anos. En Burgos fíxose cargo das Academias Reximentales e do oficio de Profesor da Academia de Sarxentos. Ascendeu a comandante o 23 de maio de 1911, motivo polo que cesou na comisión de vocal no tribunal de exames dos sarxentos para o ascenso a oficiais, ocupándose da Comandancia de Artillaría de Menorca, á que se incorporou en Maó, desempeñando distintos destinos como comandante maior.
Na Segunda República
editarCoa proclamación da República en abril de 1931 Bedia estaba en situación de reserva. Axiña fixo fervorosa promesa de Adhesión e fidelidade ao novo réxime. Co pase do xeneral Sanjurjo á Dirección Xeral de Carabineiros, o ministro da guerra, Manuel Azaña, nomeou para o cargo de Director Xeral da Garda Civil ao xeneral Cecilio Bedia.
Guerra civil e exilio
editarAo producirse a sublevación do 18 de xullo de 1936, Bedia, que xa estaba na reserva, púxose de inmediato a disposición do réxime republicano, ocupándose da Xefatura da Sección Motorizada do Concello de Madrid e posteriormente doutras responsabilidades, entre elas a Inspección Xeral de Industrias Militares.
Ao producirse o final da guerra civil pasou a Francia en 1939, onde recibiu diversos ofrecementos e garantías para que regresase a España, ofrecementos aos que renunciou. Cara a 1942, en plena guerra europea, tratou de embarcar rumbo a México e despois a Chile, desde onde o reclamaba o propio presidente do estado chileno Juan Antonio Ríos, que solicitaba os seus servizos. Non obstante, o mariscal Petain, xefe do goberno francés de Vichy, colaborador dos nazis, opúxose sempre á súa partida. Unha vez liberada Francia logrou chegar a Buenos Aires coa súa familia. Alí seguiu fiel á República, finando o 18 de maio de 1953.
Notas
editar- ↑ Decreto de 30 de maio de 1932 do Ministerio de la Guerra polo que se lle concede a Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo, Gaceta de Madrid de 1 de xuño de 1932.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Bedía Caballería, Cecilio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Carlos Nuevo Cal: "Cecilio Bedia Caballería, un militar exemplar"