Catherine Davies
escritora británica
Catherine Davies, nada en Liverpool en 1952, é unha catedrática e escritora británica, especialista na literatura e historia cultural española e hispanoamericana dos séculos XIX e XX.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 Liverpool |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Glasgow |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e hispanismo |
Ocupación | catedrática de universidade |
Empregador | Universidade de Manchester Institute of Modern Languages Research (en) Universidade de Londres Universidade de St Andrews |
Traxectoria
editarLicenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid en 1979 e doutorouse en 1984 na Universidade de Glasgow, coa tese Rosalía de Castro no seu tempo, orixinalmente en inglés, despois publicada en galego pola Editorial Galaxia.[2]
É directora, dende 2014, do Institute of Modern Languages Research da Universidade de Londres.[1]
Publicacións
editarEntre outras, é autora das seguintes publicacións:
- "Manuel Murguía, Rosalía de Castro y el Museo Universal", en Cuadernos de Estudios Gallegos (IEGPS) 96-97, 1981.
- "A ideoloxía político-social de Rosalía: Raíz do seu pesimismo existencial", en Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, 1985.
- Rosalía de Castro no seu tempo, Editorial Galaxia, 1987.[3]
- Rosalía de Castro e Follas novas, Editorial Galaxia, 1990.[4]
- Spanish women's writing, 1849-1996, 1998.
- "Rosalía de Castro: aislamiento cultural en un contexto colonial", en Literatura y feminismo en España: (s. XV- XXI), 2005.
- "Troped out of History: Women, Gender and Nation in the Poetry of Andrés Bello", 2007.
- "Rafael María de Labra and " La Revista Hispano-Americana", 1864-1867", 2010.
- "Rosalía de Castro e a antropóloga feminista inglesa Annette Meakin" en Grial 194, 2012.
- "Flavio e o mundo natural" en Grial, revista galega de cultura 199, 2013.
- "Rosalía de Castro: la falta de una vida pública", 2013, en Rosalía de Castro no século XXI.[5]
- "Rosalía de Castro y América", 2013, en Rosalía de Castro no século XXI.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Catherine Davies appointed director of Institute of Modern Languages Research" Arquivado 28 de marzo de 2017 en Wayback Machine. 22/7/2014.
- ↑ J.G. Santiago (23/10/012). "«Gracias a Rosalía, la poesía popular gallega es conocida ahora por todo el mundo»". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Rosalía de Castro no seu tempo en Google Books.
- ↑ Rosalía de Castro e Follas novas en Google Books.
- ↑ "Rosalía de Castro: la falta de una vida pública"
- ↑ "Rosalía de Castro y América"