Castro de Vixil

poboado fortificado en Vilalba

O castro de Vixil, tamén coñecido como castro de Cunca de Vixil, é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Boizán,[1] no concello lucense de Vilalba. O castro data dos séculos -II e -I.[2] O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Castro de Vixil
ParroquiaBoizán
ConcelloVilalba
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27065022
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Estado actualUso forestal
Extensión estimada4460 m2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Accédese ao castro pola N-634 en dirección Baamonde ata o lugar de Alto de Vixil. Dende alí chégase ó castro xirando á dereita.

Descrición

editar

Atópase nun zona costenta. Mide 96 metros no eixo norte-sur e 114 no eixo leste-oeste. A súa área é de 4460 m2. Ten forma oval cun único parapeto defensivo[3] de 4 metros de alto e 13,5 metros de anchura media. O parapeto está reforzado por un foxo no sueste.

Arqueoloxía

editar

Descubríronse restos de cerámica (con decoracións moi variadas), materiais de pedra e de metal. Non se documentan materiais romanos.[2] Os restos atópanse expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.[3]

Conservación

editar

Na década de 1970 abriuse unha canteira no seu interior, o cal destruíu o parapeto sur e deixou ao descuberto varias estruturas.

  1. siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "El castro de Vixil (Vilalba, Lugo) estudio de materiales y nuevas perspectivas". dialnet.unirioja.es. Consultado o 31 de agosto de 2024. 
  3. 3,0 3,1 Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • RAMIL REGO, Eduardo (1997). El castro de Vixil (Vilalba, Lugo). Estudio de materiales y nuevas perspectivas. Férvedes, 4.
  • RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Ligazóns externas

editar