Castro de Cos
Coordenadas: 43°13′48″N 8°14′56″O / 43.2298778, -8.2487528
O castro de Cos é un castro situado no Barral na parroquia de Cos, no concello coruñés de Abegondo.
Castro de Cos | |
---|---|
Parroquia | Cos |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001007 |
Cronoloxía | |
Estado actual | Regular |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarO castro de Cos consta dun recinto principal fortificado de forma elíptica, defendido por un terraplén interno. Este terraplén ten entre 4 e 6 metros de altura no arco E-S-O e uns 23 de ancho. Nesta mesma zona consérvanse restos dun primeiro foxo duns 4 m de ancho, e que na parte setentrional foi destruído por movementos de terras[1].
O sistema defensivo complétase cun segundo parapeto, duns 4 metros de alto e 12 de ancho. Está reforzado cun segundo foxo moi deteriorado, do que só se conserva o arco suroriental.
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
editar- ↑ "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |