Castro de Bexo
poboado fortificado en Bexo, Dodro
O castro de Bexo[1] é un poboado castrexo da Idade de Ferro e de época romana, sito na aldea de Bexo (San Xoán de Laíño, Dodro).
Castro de Bexo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | en estudo | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Dodro | |||
Parroquia | San Xoán de Laíño | |||
Lugar | Bexo ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 1 | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15033013 | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarÉ un dos poboados máis grandes da zona, pero está mal catalogado e na súa ficha non aparecen as súas verdadeiras dimensións. Dende a súa coroa hai unhas vistas excelentes da ría de Arousa e do Baixo Ulla.
Case non quedan restos pétreos polo espolio de pedra que se fixo nel para construír casas en Bexo, Teaio, Burés e A Vacariza; quedando no castro, aínda hoxe en día, restos do traballo das pedras polos canteiros.
O montículo catalogado como un castro independente (GA15072016) é parte deste castro, máis que un poboado en si.
En 2016 o concello comezou os traballos para estudar e poñer en valor a zona.
Notas
editar- ↑ Castro de Bexo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |