Castelán guatemalteco

variedade do castelán falado en Guatemala

O castelán guatemalteco é a variedade do castelán falado en Guatemala. Foneticamente, presenta yeísmo para o /ll/ e o /y/. O seseo, ao igual que no castelán de América Latina, tamén se dá ocasionalmente, sobre todo nas clases populares. En Guatemala é adoito o uso de voseo, característica principal do país.

Castelán guatemalteco
Outros nomes:Español guatemalteco
Falado en: Guatemala
Total de falantes: 16,8 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán guatemalteco
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Guatemala
Regulado por: Academia Guatemalteca da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

En Guatemala, o castelán é oficial, mais tamén é empregado como segunda ou terceira lingua por moitos dos seus habitantes, xa que a súa poboación está composta por unha gran variedade de grupos étnicos que conforman arredor do 41 % do total da poboación. Existen 25 linguas no país en total: 22 delas son linguas maias, faladas principalmente nas áreas rurais, o xinca (illada) falado no sueste do país, o garífuna (parte das linguas arauacas) falado na costa do Atlántico e o castelán na súa maioría nas áreas urbanas.[2] En Guatemala, o 60 % fala castelán como lingua materna,[3] e en total, o 86,40 % como primeira ou segunda lingua.[2]

Notas editar

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
  2. 2,0 2,1 http://traduccion.trustedtranslations.com/espanol/traduccion-al-espanol/guatemalteco.asp
  3. "Central America :: Guatemala — The World Factbook - Central Intelligence Agency". www.cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 23 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar