Abrir o menú principal

Casa da Torre (Redondela)

Coordenadas: 42°16′55.95″N 8°36′30.95″O / 42.2822083, -8.6085972

Casa da Torre
Casa da Torre, Redondela.JPG
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Estilo arquitectónico
Estilo actualRenacentista (Renacentista)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A casa da Torre é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.[1]

DescriciónEditar

 
A casa da Torre funciona na actualidade coma albergue para peregrinos no Camiño Portugués de Santiago.

A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, cuxo brasón loce na entrada principal do pazo. O estilo do edificio é de tipo renacentista, e na súa fachada érguese unha torre a catro augas que lle da nome ao pazo.[2] Até o século XIX o pazo aínda contaba cunha estrutura amurallada que o arrodeaba.[3]

Está situado na Praza de Ribadavia, e pola súa beira sur discorre o río Alvedosa.

Ao longo da historia foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Tamén foi empregada coma sede dunha empresa de autobuses.

Na actualidade constitúe o único pazo de titularidade pública do concello, sendo empregado coma o albergue da vila na ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Tamén conta cunha biblioteca, un salón de actos e varias salas de exposicións.

NotasEditar

  1. "Pazo Torres Agrelo". Caminoxacobeo. 
  2. Casa da Torre na páxina web colaborativa Patrimoniogalego.net.
  3. "Turismo de Redondela". Concello de Rendela. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2011. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar