A Casa da Historia é un proxecto de construción dun museo na cidade da Coruña (Galiza). O arquitecto gañador do concurso internacional convocado polo Concello da Coruña foi o galego Manuel Gallego Jorreto.[cando?]

Casa da Historia
Tipoproxecto
EnA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Outros proxectos editar

Os proxectos finalistas foron os dos arquitectos Carlos Ferrater, José Antonio Martínez Lapeña e Elías Torres Tur do estudo neerlandés MVRDV, o estudo suízo Gigon/Guyer, a arquitecta iraquí Zaha Hadid, o arquitecto inglés David Chipperfield, José Manuel Gallego Jorreto e Emilio Tuñón e Luis Moreno Mansilla.

O proxecto editar

O proxecto de Manuel Gallego transformará o Castro de Elviña e a súa contorna nun área cultural e de esparcemento, que cun total de 664 090 metros cadrados se converterá na maior zona verde da cidade. A intervención terá tres piares básicos:

  • Recuperación do Castro de Elviña: Con traballos de escavación e recuperación dos restos
  • Parque Artabria: con diversas áreas museísticas, un bosque caducifolio e área de cultivos tradicionais.
  • Casa da Historia: Será o centro motor do proxecto, xa que se converterá na porta de entrada ao gran complexo e onde se amosará a historia da cidade da Coruña, dende a actualidade ata a cultura castrexa. Este museo se atopará incrustado no propio castro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar