Carrán rosado

Carrán rosado
Roseate Tern Wing Streching.jpg
Carrán rosado adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: Sterna
Especie: S. dougallii
Nome binomial
Sterna dougallii
Montagu, 1813

O carrán rosado (Sterna dougallii) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae.

MorfoloxíaEditar

  • Ten unha lonxitude de 33 – 36 cm e unha envergadura de 67 –76 cm.
  • En plumaxe de verán, o carapucho e a caluga son negros, mentres en inverno o carapucho está manchado de branco.
  • Partes superiores gris perla pálido. Partes inferiores brancas que en verán toman un ton rosado. Coxas brancas. Cola branca, longa e profundamente bifurcada.
  • Peteiro vermello na base e escuro na punta. Adoita ser completamente negro en inverno. Patas vermellas escuras.

CaracterísticasEditar

Trátase dunha especie moi semellante ó resto dos carráns. Presenta unha plumaxe máis clara, case branca en voo, co peito lixeiramente rosado e as patas avermelladas. Os inmaturos son máis escuros. Cría comunalmente en praias e illas.

DistribuciónEditar

É unha ave escasa en Europa. Unicamente observable na Península Ibérica e resto de Europa Occidental durante as épocas migratorias, e con presenza non confirmada todos os anos.

NotasEditar

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.