George Montagu, nado en 1753 en Lackham House, Wiltshire, (Hampshire, Inglaterra) e finado o 20 de xuño de 1815 en Kingsbridge, Devon, foi un naturalista inglés.

George Montagu
Nacemento1751, 1753 e 1755
Lugar de nacementoWiltshire
Falecemento20 de xuño de 1815 e 19 de xuño de 1815
Lugar de falecementoKingsbridge
CausaTétano
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónnaturalista, ornitólogo e zoólogo
PaiJames Montagu
NaiElizabeth Hedges
CónxuxeAnne Courtenay
FillosLouisa Crawford e George Conway Courtenay Montagu
Coñecido porOrnithological Dictionary; or Alphabetical Synopsis of British Birds
Na rede
WikiTree: Montague-809
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Montagu é coñecido sobre todo pola súa obra Ornithological Dictionary (1802), que contribuíu de forma significativa ao coñecemento das aves do Reino Unido. Montagu mostrou que moitas das especies que se supoñían diferentes eran en realidade a mesma ave pero coas plumaxes de verán e inverno, ou ben machos e femias da mesma especie.

O seu estudo das especies do xénero Circus levouno ao descubrimento de que Circus pygargus, coñecido como Montagu's Harrier en inglés, criaba no sur de Inglaterra. Montagu tamén estivo implicado nos primeiros rexistros de certas aves no Reino Unido (como por exemplo, Larus minutus, Emberiza cirlus, Bubulcus ibis e Gelochelion nilotica.

En 1798 Montagu deixou á súa muller instalándose en Knowle House, cerca de Kingsbridge, en Devon. Foi alí onde escribiu os dous volumes de Ornithogical Dictionary; or Alphabetical Synopsis of British Birds.

Montagu estivo tamén interesado na bioloxía mariña e fluvial e, en 1803, publicou Testacea Britannica, a History of British Marine, Land and Freshwater Shells. Nesta obra describe 470 especies de moluscos, 100 das cales eran novas para Gran Bretaña.

Montagu describiu algunhas especies novas de crustáceos para William Elford Leach, do Museo Británico, e foi o primeiro en informar sobre a presenza de varias especies de peixes das que no se tiña constancia en augas inglesas, así como do descubrimento de novas especias como Coryphoblennius galerita. Tamén foi o primeiro en describir o morcego pequeno de ferradura Rhinolophus hipposideros.

Montagu morreu de tétano despois de pisar un cravo oxidado en Knowle House.

A colección de aves de Montagu foi comprada polo Museo Británico, e unhas 200 delas se encontran na actualidade no Tring Museum. As súas copias con anotacións do Dictionary, Testacea foron legadas á Sociedade linneana de Londres.

Abreviatura editar

A abreviatura Montagu emprégase para recoñecer a George Montagu como autoridade na descrición e nomenclatura en zooloxía.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mearns, Barbara & Mearns, Richard (1988): Biographies for Birdwatchers. Academic Press. ISBN 0-12-487422-3
  • Moss, Stephen (2004): A Bird in the Bush: A Social History of Birdwatching. Aurum. ISBN 1-84513-085-5