Carola Rackete
Carola Rackete, nada en Preetz en 1988, é unha capitá e activista social alemá.
Carola Rackete | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de maio de 1988 |
Preetz | |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Edge Hill University e Jade University of Applied Sciences |
Ocupación | capitá de barco, activista e conservacionista |
Premios | Medal of the City of Paris, Medal of Honor of the Parliament of Catalonia e Karl-Küpper-Preis |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tornouse famosa internacionalmente en xuño de 2019, tras o desembarque forzoso na illa italiana de Lampedusa co barco humanitario Sea-Watch 3.[1] Como resultado das súas accións, foi detida polas autoridades italianas arriscándose a unha pena de 10 anos de prisión. Aínda que non foi a única persoa procesada por axudar migrantes en Europa, a súa detención considerouse un símbolo.[2]
TraxectoriaEditar
Carola Rackete naceu en Preetz, unha cidade media do norte de Alemaña preto de Kiel, mais creceu en Hambühren. O seu pai, Ekkehart Rackete é enxeñeiro electrónico e un exmilitar do exército alemán.[3]
Despois de graduarse en ciencias náuticas na Universidade de Jade (Baixa Saxonia), navegou durante dous anos en expedicións científicas no Ártico e na Antártida no marco das accións do Instituto Alemán Alfred Wegener para a investigación polar e mariña.
NotasEditar
- ↑ "La capitana del Sea Watch, detinguda en atracar al port de Lampedusa amb quaranta migrants". Vilaweb. 29 de xuño de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2019.(en catalán)
- ↑ Gutiérrez, Icíar. "El caso de Carola Rackete no es una excepción: 158 personas han sido procesadas en la UE por ayudar a migrantes desde 2015". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ "Parlano i genitori di Carola Rackete: fieri di nostra figlia, sta facendo la cosa giusta". Globalist.it. 28 de xuño de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2019.(en italiano)