Carlos Totorika

político español

Carlos Totorika Izaguirre,[1] tamén Carlos Totorika Izagirre,[2] nado en Ermua en 1956, é un político socialista vasco, cuxo ámbito de actuación é a súa localidade natal e a comunidade autónoma do País Vasco.

Infotaula de personaCarlos Totorika

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Ermua, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
9 de xullo de 1999 – 20 de marzo de 2001
← Rosa Díez

Circunscrición electoral: Biscaia
Alcalde Ermua
20 de xuño de 1991 – 28 de xuño de 2018 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ermua Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Ermua en 1956. O seu pai era carpinteiro e a súa nai rexentaba un pequeno comercio. Estudou o Bacharelato en Éibar, e licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao, pasando a traballar na caixa de aforros Bilbao Bizkaia Kutxa de Ermua, onde chegou a ser director de devandita oficina.

Traxectoria política editar

Foi militante carlista até 1976. Dende 1991 até a actualidade é alcalde da súa cidade natal polo PSE-EE, partido ó que se afiliou en 1974. Tamén foi parlamentario vasco, en substitución de Rosa Díez dende outubro de 1999 até maio de 2001. En 2002, tras a dimisión de Nicolás Redondo Terreros, foi candidato á Secretaria Xeral do PSE, en competencia con Gemma Zabaleta e Patxi López, sendo elixido finalmente este último (López obtivo un 57% fronte ó 37% de Totorika). Naquel momento considerouse que Totorika era o candidato dos sectores próximos ó dimitido Redondo Terreros.[3] É secretario xeral do PSE de Ermua.

Ademais, foi un dos fundadores da asociación cívica Foro de Ermua, cuxos obxectivos son o apoio ás vítimas do terrorismo e o rexeitamento ó terrorismo no País Vasco e a defensa da liberdade constitucional. Está asociación foi fundada o 13 de febreiro de 1998 tras o asasinato do concelleiro do Partido Popular de Ermua Miguel Ángel Blanco por parte da banda terrorista ETA, sendo Carlos Totorika alcalde naquel momento da localidade. Debido á súa militancia no PSE-EE está ameazado por ETA e pola súa contorna, tendo que levar escolta.[4] Tamén foi galardoado coa Orde do Mérito Constitucional.

Está casado e ten dúas fillas.

Notas editar

  1. "Ficha del Parlamento Vasco". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  2. "Ficha del Ayuntamiento de Ermua". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  3. López-Totorica, un pulso entre dos estrategias Arquivado 03-12-2016 en Wayback Machine., ABC, 22 de marzo de 2002.
  4. Mi vida sin escolta

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar