Bilbao Bizkaia Kutxa
Bilbao Bizkaia Kutxa (BBK) é unha caixa de aforros do País Vasco, creada en 1990 coa fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya en 1990. O seu nome completo é Bilbao Bizkaia Kutxa, Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea (en galego, Caixa Bilbao Biscaia, Caixa de Aforros e Monte de Piedade) e a súa sede principal atópase en Bilbao. É a principal caixa en Biscaia e no País Vasco.
Bilbao Bizkaia Kutxa | |
---|---|
Sede actual de BBK | |
Tipo | Caixa de aforros |
Fundación | 1990 |
Localización | Gran Vía, 30 48009 Bilbao |
Persoas clave | Xabier Sagredo Ormaza (presidente) |
Industria | Obra social |
Número de empregados | 2897 (2009) |
Na rede | |
https://www.bbk.eus | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde o 1 de xaneiro de 2012 exerce a súa actividade financeira a través do SIP Kutxabank xunto con Caja Vital e Kutxa.
Historia
editarBilbao Bizkaia Kutxa constituíuse o 16 de febreiro de 1990 pola fusión da Caja de Ahorros Municipal de Bilbao (fundada en 1907) e a Caja de Ahorros Provincial de Vizcaya (fundada en 1921).
Constituíuse como Entidade Benéfica,[1] "Pola súa condición de Entidade Benéfica, gozará de cantos dereitos substantivos, procesuais, fiscais ou doutra natureza, lle recoñezan as disposicións legais, incluído o de xustiza gratuíta."
En outubro de 2008, os consellos de administración da BBK e da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Guipúscoa e San Sebastián (Kutxa) aprobaron o proxecto de fusión de ambas as dúas entidades. Planeaban formar en 2009 a Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Euskadi (Euskadiko Aurrezki Kutxa eta Bahitetxea), que mantería o nome comercial de Kutxa. A tal fin, convocaron asembleas xerais para o 28 de novembro.[2] A da BBK aprobou a fusión, como se prevía (68 apoios e 26 rexeitamentos, de 94 votos emitidos), pero na Kutxa guipuscoana a maioría conseguida (63 dos 100 compromisarios) non superou os dous terzos necesarios.[3] Tras o fracaso da fusión, a BBK houbo de expandirse a Guipúscoa, para evitar ser novamente sancionada polo Tribunal de Competencia, abrindo en outubro de 2009 senllas oficinas en Éibar e Zarautz.
O 16 de xullo de 2010, o Banco de España adxudicou á caixa biscaíña a intervida CajaSur, constituíndo a sétima entidade financeira española por volume de activos.[4]
O 16 de setembro de 2011, a asemblea extraordinaria de BBK aprobou a creación do banco Kutxabank a través do cal exerce a súa actividade financeira dende o 1 de xaneiro de 2012. Kutxabank creouse mediante un SIP xunto a Caja Vital e Kutxa.[5]
Obra Social
editarComo a maioría das caixas de aforros españolas, BBK traspasou o seu negocio bancario a un banco de nova creación (neste caso Kutxabank). BBK conserva a xestión da obra social que, en 2013, conta cun presuposto de 32,8 millóns de euros.[6]
Notas
editar- ↑ "Estatutos da BBK - Artículo 2º, 2.". Arquivado dende o orixinal o 30/03/2010. Consultado o 28/11/2007.
- ↑ "A BBK celebrará o 28 de novembro a asemblea xeral extraordinaria para aprobar a súa fusión con Kutxa. El Correo". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2009. Consultado o 27 de novembro de 2013.
- ↑ http://www.diariovasco.com/20081128/mas-actualidad/economia/comienzan-asambleas-kutxa-decidira-200811281845.html Diario Vasco: A asemblea da Kutxa rexeita a fusión con BBK
- ↑ Expansion.com 16/07/2010. BBK quédase con Cajasur
- ↑ "Un día para a historia financeira de Euskadi". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 27 de novembro de 2013.
- ↑ BBK aproba 32,8 millóns para Obra Social en 2013
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bilbao Bizkaia Kutxa |
- Sitio web oficialArquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.