Abrir o menú principal

Kutxabank é un banco creado o 1 de xaneiro de 2012 como resultado da fusión fría do negocio bancario de tres caixas de aforros vascas: BBK (incluída CajaSur), Kutxa e Caja Vital, as cales traspasaron o seu negocio financeiro e a carteira de clientes.

Kutxabank
Kutxabank.svg
TipoSociedade Anónima
Fundación2012
LocalizaciónGran Vía, 30-32
48009 Bilbao Flag of the Basque Country.svg
Persoas claveMario Fernández Pelaz
Número de empregados6.994 (2013)
Páxina webkutxabank.eus
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

O 16 de setembro de 2011, as asembleas extraordinarias de BBK e Caja Vital aprobaron a creación do banco Kutxabank a través do cal exercerían a súa actividade financeira.[1] O 23 de setembro a asemblea de Kutxa deu igualmente a súa aprobación ao proxecto.[2]

O 1 de xaneiro de 2012, Kutxabank iniciou a actividade, un banco que xurdiu do proceso de integración mediante un SIP (ou fusión fría) das tres caixas vascas (BBK, Kutxa e Caja Vital).[3]

AccionistasEditar

Os seus accionistas son as tres caixas de aforros do País Vasco:

Accionista Capital
BBK 57%
Kutxa 32%
Caja Vital 11%

ParticipaciónsEditar

Lista de empresas nas que Kutxabank ten participación:[4]

CotizadasEditar

Sector Sociedade Capital
Enerxía Iberdrola 4,926%[5]
Enagas 5%
CLH 5%
Red Eléctrica 2,2%
Alimentación Deoleo 5,461%
Obra civil CAF 19,056%
Farmacéutico Zeltia 3,002%
Natraceutical 4,588%
Turismo NH Hoteles 6,25%

Non cotizadasEditar

Sector Sociedade Capital
Telecomunicacións Euskaltel 49,9%[6]
Financeiro CajaSur Banco 100%
Kutxa Banque 100%
Luzaro 100%
Biharko Aseguradora 33,3%
Biharko Vida y Pensiones, Compañía de Seguros y Reaseguros S.A. 33,3%
Norbolsa 85%[7]
Enerxía Petronor 14,02%
Infraestruturas Arecibo Servicios y Gestiones 31,20%
Enxeñería Ingeteam 24,4%
Obra Civil Excavaciones y Transportes Besaide 50%
Informática Informática de Euskadi 49%
Ibermática 15%[8]
Serinor 75,49%
Servimática 28%
Saregi Servicios Internet 95%

Rede de oficinasEditar

No segundo trimestre de 2013, a entidade contaba cunha rede de 1.086 oficinas. Nelas, mantéñense as marcas comerciais BBK, Kutxa e Caja Vital no País Vasco. En Andalucía e Estremadura, utilízase a marca CajaSur, referente á súa filial CajaSur Banco. No resto de España, utilízase a marca Kutxabank.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar