Carlos Aymerich
Carlos Ignacio Aymerich Cano, nado en Vigo en 1967, é un profesor universitario e político nacionalista galego que militou no BNG.
Carlos Aymerich | |
![]() | |
18 de xullo de 2005 – Marzo de 2013 | |
2000 – 2004 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1967 Vigo, Galicia |
Partido | BNG ( –2016) |
Profesión | Profesor, político |
Traxectoria Editar
Deputado no Congreso español pola provincia da Coruña entre os anos 2000 e 2004, tamén foi deputado pola Coruña no Parlamento galego polo BNG dende xullo de 2005 ata marzo de 2013.[1]
Despois da dimisión de Anxo Quintana como voceiro nacional tralas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, Carlos Aymerich postulouse como novo candidato a este posto a través da plataforma Máis BNG. Foi o voceiro do BNG no Parlamento de Galicia até o 8 de febreiro de 2012.[2]
O 29 de febreiro de 2016, trala XV Asemblea Nacional do BNG, anunciou que abandonaba o partido.[3] Desde entón ocupa a secretaría xeral da Universidade da Coruña, no equipo de goberno do reitor Xulio Abalde.
Publicacións Editar
Obras colectivas Editar
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza, 2005, Baía Edicións.
- A Unión Europea como problema. Reflexións desde Galiza, 2014, Fundación Galiza Sempre.
Notas Editar
- ↑ País, Ediciones El (2013-03-13). "El líder de los críticos del BNG deja el Parlamento gallego". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2015-12-01.
- ↑ Aymerich deja la portavocía del BNG por coherencia “política y personal”(en castelán)
- ↑ "Carlos Aymerich anuncia que se va del BNG". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Aymerich |