Carlos Gil Pérez

director deportivo galego

Carlos Gil Pérez, nado en Santiago de Compostela o 28 de xaneiro de 1931 e finado en Salamanca o 25 de decembro de 2009,[1][2] foi un atleta, adestrador e dirixente deportivo galego.

Infotaula de personaCarlos Gil Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2009 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Technical director (en) Traducir Real Federación Española de Atletismo
1979 – 1988 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente deportivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Aínda que naceu en Santiago de Compostela viviu a maior parte da súa vida en Salamanca. Nesa cidade adestrou a decenas de deportistas que pasaron polas súas mans dende 1955 ata 2009. En 1958, un dos seus pupilos, José Luís Albarrán, proclamouse campión de España de 200 metros no vello Estadio de Anoeta en San Sebastián, e en 1960 converteuse no primeiro salmantino en participar nuns Xogos Olímpicos. Despois del fixérono José Luis Sánchez Paraíso, Rosa Colorado e Antonio Sánchez, así como o zamorano Frutos Feo. Os seus atletas acadaron numerosos campionatos e récords de España.[1][2]

De 1979 a 1988 asumiu o cargo de director técnico da Real Federación Española de Atletismo.[1] Con el chegaron ao atletismo español as primeiras medallas olímpicas en Moscova 1980 e nos Ánxeles 1984.[2] Foi durante anos seleccionador español de atletismo e no Campionato de Europa de Atletismo en Pista Cuberta de Milán en 1982 España marcou un dos seus grandes fitos, conseguindo cinco metais.

Tamén destacou na xestión deportiva e foi un dos impulsores do deporte en España. Na Real Federación Española de Atletismo reestruturou toda a parte técnica con adestradores expertos e impulsou a creación de axudas aos deportistas que acabarían derivando nas bolsas ADO, ofrecendo 80.000 pesetas durante catro anos a algúns deportistas que brillasen nos Xogos Olímpicos e nos campionatos de primeiro nivel.

Dedicou a súa vida ao deporte e era fácil velo nas pistas do Helmántico con máis de 70 anos adestrando deportistas. Na súa última etapa adestrou entre outros a Adrián Ingelmo, Ángel García, Saturnino González, David Berrocal, Pedro Ceballos e Elvis González.

Recoñecementos editar

En 1968 recibiu en Salamanca a Medalla da Real Orde ao Mérito Deportivo de mans de Juan Antonio Samaranch. En 2007 recibiu a medalla de prata de mans do rei Xoán Carlos I, e en 2010 a medalla de ouro a título póstumo.[3][4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar