Carlos Filipe de Suecia

Carlos Filipe Edmundo Bertil, nado en Estocolmo13 de maio de 1979, é príncipe de Suecia e duque de Värmland. Fillo do rei Carlos XVI Gustavo e a raíña Silvia. Desde 13 de xuño de 2015 está casado coa princesa Sofía. A parella ten dous fillos, o príncipe Alexandre, duque de Södermanland, nado en 2016 e o príncipe Gabriel, duque de Dalarna, nado en 2017[1].

Infotaula de personaSua Alteza Real (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carlos Filipe de Suecia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Carl Philip Edmund Bertil Editar o valor em Wikidata
13 de maio de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Palácio Real de Estocolmo, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Príncipe da Coroa (pt) Traducir
13 de maio de 1979 – 31 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa de Suecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ciências Agrárias da Suécia (pt) Traducir (–2011)
Escola de Design de Rhode Island (pt) Traducir (2007–2008)
Lundsberg boarding school (en) Traducir (–1999)
Kent School (en) Traducir (1994–)
Ålstensskolan (en) Traducir (–1992)
Enskilda Gymnasiet (en) Traducir (1992–)
Smedslättsskolan (en) Traducir (1986–) Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , deseñador , piloto de automobilismo , aristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Rama militarMarinha da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarComandante (2014–)
Kapten (pt) Traducir (2008–)
Löjtnant (en) Traducir (2004–)
Fänrik (en) Traducir (2002–) Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Stridsbåt 90 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo
vela
fútbol
Esquí Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xuño de 2015Casamento de Carlos Filipe, Duque de Värmland e Sofia Hellqvist (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe da Coroa (pt) Traducir (1979–1979)
Duque
Príncipe Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bernadotte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeSofia Hellqvist (pt) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
FillosAlexandre, Duque de Södermanland (pt) Traducir, Gabriel, Duque de Dalarna (pt) Traducir, Julian von Schweden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos XVI Gustavo Editar o valor em Wikidata  e Sílvia da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsVitoria de Suecia e Madalena da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1679233 WikiTree: Bernadotte-26 Editar o valor em Wikidata
Escudo de armas do príncipe Carlos Filipe

Traxectoria editar

O príncipe Carlos Filipe naceu príncipe herdeiro, pero por mor dunha emenda constitucional, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1980, perdeu o primeiro lugar na liña de sucesión á coroa. En 2017 era o cuarto na liña de sucesión, despois da súa irmá máis vella, a princesa herdeira Vitoria e os seus fillos, a princesa Estela e o príncipe Óscar.

Naceu no palacio real e recibiu o bautizo na Igrexa do palacio o 31 de agosto de 1979. Os padriños foron o irmán do seu avó, o príncipe Bertil, a prima do seu pai, a raíña Margarida II de Dinamarca, a súa tía a princesa Birgitta e príncipe Leopoldo de Baviera.[2]

O nome Carlos Filipe vénlle polo príncipe Carlos Filipe, o fillo máis novo de Carlos IX. Edmundo era o nome familiar do príncipe Gustavo Adolfo, e Bertil dun dos seus padriños.

Educación editar

No curso escolar 1984–1986 realizou o preescolar na parroquia de Västerled. A partir do outono de 1986 cursou primaria na Smedslättsskolan en Bromma e o nivel intermedio na Ålstensskolan tamén en Bromma, en outono de 1992 empezou secundaria no Enskilda Gymnasiet de Estocolmo, e en 1994 matriculouse nunha escola privada en Connecticut durante dous anos, e posteriormente foi por ciencias na Lundbergskola en Värmland ata 1999.

Carl Philip rematou 2006 con dous anos de formación nunha escola de deseño gráfico e publicidade. Na primavera de 2009 comezou a estudar  agronomía, tecnoloxía e ciencia forestal na Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas en Alnarp logrando o título de grao en 2011.[3]

Carreira militar editar

Carlos Filipe é oficial na reserva no Corpo Anfibio. Realizou o o servizo militar no rexemento anfibio de Vaxholm (Amf 1) seguido de dous anos de formación para oficial. Graduouse como subtenente (fänrik) en 2002 e ascendeu a tenente (löjtnant) en 2004[4]. En decembro de 2007 promoveu a capitán[5], despois dunha formación personalizada. Durante 2012 serviu no continxente sueco en Afganistán. O 1 de outubro de 2014 ascendeu a maior.[6]

Actividades deportivas editar

Carlos Filipe participou no scoutismo e sentiu interese polas actividades deportivas, en 2003 completou a Vasaloppet, unha longa carreira de esquí de fondo. Competiu no Campionato de Escandinavia de Turismos de 2013 en STCC co equipo Volvo Polestar Racing[7] E foi o campión do Porsche GT3 Endurance Scandinavia en 2010.[8]

Notas editar

  1. "Prins Carl Philip och Prinsessan Sofia har fått en son" (en sueco). www.kungahuset.se. 31 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  2. "Prins Carl Philip på". Kungahuset.se. 
  3. "Prins Carl Philip om sin lantmästarexamen". www.kungahuset.se. 22 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  4. "Prins Carl Philip utnämnd till löjtnant den 14 december". Kungl. Hovstaterna. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  5. "H.K.H. Prins Carl Philip". Kungl. Hovstaterna. 
  6. "Prins Carl Philip utnämns till major". Kungl. Hovstaterna. 1 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  7. "Volvo Polestar Racing avslöjar sin föraruppställning". STCC. 12 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  8. Porsche GT3 Endurance Scandinavia 2010 - driverdb.com