Carlos Figueroa

xogador de hóckey a patíns español

Carlos Figueroa Lorente, nado en Sevilla (España) o 27 de maio de 1956, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns español. A pesar da súa dilatada carreira como xogador, é como adestrador cando máis prestixio conseguiu, sendo o técnico con máis títulos do estado español e de Europa. É considerado un dos mellores técnicos do mundo. O seu posto como xogador era o de dianteiro.

Infotaula de personaCarlos Figueroa
Biografía
Nacemento(es) Carlos Figueroa Lorente Editar o valor em Wikidata
27 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónentrenador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Adestrador enllaç= enllaç=
1990-1995 Igualada HC
1995-2005 Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns
2007-2008 Club Patí Sitges (en) Traducir
2008-2009 Reus Deportiu
2009-2010 C.P. Vilanova
2011-2012 Club Patí Vic Editar o valor em Wikidata

Como xogador destacou a súa etapa no H.C. Liceo da Coruña, no club galego xogou dende 1984 ata 1989, e nesta etapa conseguiu gañar tres ligas, tres Copas do Rei, dúas Copas de Europa, unha Recopas de Europa, tres Supercopas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.

Como adestrador desenvolveu toda a súa carreira en Cataluña, primeiro no Igualada HC entre 1990 e 1995, posteriormente no FC Barcelona dende 1995 ata o 2005, e dende o 2008 ata o 2009 ao Reus Deportiu. Destaca sobre todas a súa etapa no Barcelona, conseguindo un total de 31 títulos en dez anos, entre os que destacan seis Copas de Europa e oito ligas. O 15 de maio do 2005 logrou o seu último título oficial como adestrador do Barcelona, a Copa de Europa, ao derrotar ao FC Porto por 3 a 2 na final disputada en Reus. Logo de dous anos volveu dirixir un equipo de hóckey a patíns, foi o CP Sitges na segunda categoría do hóckey a patíns estatal e co que conseguiu o ascenso á OK Liga. Ao ano seguinte volveu adestrar un equipo de elite, foi o Reus Deportiu, club co que conseguiu os seus últimos títulos como adestrador, o obxectivo perseguido polo Reus era finalizar coa hexemonía do Barcelona e conseguido en parte ao gañar o Campionato do Mundo de Clubs e a Copa de Europa, mais ao final da tempada abandonou o club.

A tempada 2009-10, Carlos Figueroa fíxose cargo do banquiño do Club Patí Vilanova feminino e da dirección xeral do club.

Traxectoria deportiva editar

Como xogador

Como adestrador

Palmarés editar

Palmarés como xogador editar

H.C. Liceo editar

A.A. Dominicos editar

Palmarés como adestrador editar

Igualada HC editar

FC Barcelona editar

Reus Deportiu editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar