Abrir o menú principal

O Club Patí Tordera é un club de hóckey a patíns catalán da localidade de Tordera, na comarca de Maresme (Barcelona). O club foi fundado en 1946 e adícase tamén á patinaxe artística.

HistoriaEditar

Isidre Escriche de Luca, que xogara no GEiEG de Xirona, foi o impulsor do hóckey a patíns en Tordera, ao adestrar a un grupo de xoves da cidade que patinaban dende había un anos e que se interesaran polo deporte.

O primeiro partido oficial do club disputouse no ano 1951, pouco desprois de que se inaugurase a pista que agora se chama Pista de l'Amistat.

Nos anos '70 creouse a sección de patinaxe artística do club.

Un dos éxitos máis importantes do club foi o título de campión da Copa CERS acadado na tempada 1985-86. Na década seguinte chegou dúas veces máis á final desta competición, obtendo o subcampionato fronte ao OC Barcelos e ao FC Porto respectivamente. Tamén é destacable o feito de ter chegado en dúas ocasións ás semifinais da Copa de Europa.

Na tempada 1992-93 o CP Tordera participou no Copa das Nacións de Montreux (Suíza), acadando a terceira posición enfrontándose ás seleccións de Portugal, Italia e Arxentina.

Logo de 23 anos seguidos na División de Honra, na tempada 2001-02 o equipo perdeu a categoría, polo que actualmente milita na Primeira División.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar