Carlos-Peregrín Fernández Otero

lingüista, profesor, activista e escritor galego

Carlos-Peregrín Fernández Otero, nado en Lourenzá o 18 de maio de 1930 e finado en Seattle (Estados Unidos) o 25 de abril de 2024, foi un lingüista, profesor, activista libertario e escritor galego que traballou nos Estados Unidos.[1]

Infotaula de personaCarlos-Peregrín Fernández Otero
Biografía
Nacemento18 de maio de 1930 Editar o valor em Wikidata
Lourenzá, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 2024 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato en Lugo e Dereito, Políticas e Económicas na Universidade Central de Madrid. Opositou a unha praza no Ministerio de Asuntos Exteriores como conselleiro letrado de Cultura Hispánica e secretario da Oficina de Cooperación Intelectual. Máis tarde obtivo o título de Arts Master no State Teachers College de Kirskivilie (Missouri).[2] En 1960 presentou a tese de doutoramento sobre Luis Cernuda.

Na Universidade de California en Berkeley entra en contacto con Noam Chomsky, que traducirá ao castelán. Sendo profesor alí de Lingüística e Literatura Española, en 1965 foi elixido como director adxunto do Centro de Estudos de Berkeley en Madrid durante dous anos.

Traballou na literatura, na lingüística e no xornalismo, publicando mesmo en El Progreso, Verba e Grial. Tivo problemas coa censura franquista[3] e defendeu a teoría de que o galego representa un estadio anterior do castelán.[2]

Obras editar

  • Evolución y revolución en romance. Mínima introducción a la diacronía (1971). Barcelona: Seix Barral.
  • Letras I (1972). Tamesis Book Limited, de Londres.
  • Letras I (1972 ). Barcelona: Seix Barral.
  • Evolución y revolución en romance II. Mínima introducción a la diacronía (1976). Barcelona: Seix Barral.
  • La revolución de Chomsky: ciencia y sociedad (1984). Tecnos. ISBN 84-309-1107-3.
  • Introducción a la lingüística transformacional (retrospectiva de una confluencia) (1989). Siglo XXI de España Editores. Ilustracións de Martínez Passarge, María Luisa. ISBN 978-968-23-0614-3.
  • Libertarismo versus liberalismo. (?), Madrid: Anagrama.

Libros colectivos editar

  • Lógica y lenguaje. Tecnos.

Tradución editar

  • Aspectos de la teoría de la sintaxis, de Noam Chomdky (1971). Aguilar.
  • Sintáctica y semántica: En la gramática generativa, de Noam Chomsky (2005, 7ª). Siglo XXI de España Editores.

Recoñecementos editar

  • Foi profesor emérito da Universidade de Berkeley.
  • Déuselle o seu nome a unha rúa de Vilanova de Lourenzá.

Notas editar

  1. R.L. (27 de abril de 2024). "Muere en Estados Unidos el lingüista laurentino Carlos Peregrín Fernández Otero". El Progreso: 50. 
  2. 2,0 2,1 de Cora, José (2021-03-03). "Carlos-Peregrín Fernández Otero". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-04-27. 
  3. Delclós, Tomàs (1983-01-18). "Carlos P. Otero ve en Chomsky a uno de los grandes pensadores de la historia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-04-27.