Caris LeVert

baloncestista estadounidense

Caris Coleman LeVert, nado o 25 de agosto de 1994 en Columbus, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Caris LeVert
Cleveland Cavaliers – No. 3
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 25 de agosto de 1994 (29 anos)
Ohio Columbus, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 93 kg (204 lb)
Información da carreira
Instituto Pickerington Central
(Pickerington, Ohio)
Universidade Michigan (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Indiana Pacers
Carreira dende 2016
Historial de equipos
Brooklyn Nets (2016–2021)
Indiana Pacers (2021–2022)
Cleveland Cavaliers (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, LeVert foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Indiana Pacers. O 7 de xullo de 2016, os seus dereitos foron traspasados ós Brooklyn Nets, a cambio de Thaddeus Young.[1] O 14 de xullo asinou o seu contrato de rookie cos Nets.[2] Fixo o seu debut coma profesional o 7 de decembro de 2016 contra os Denver Nuggets.[3]

O 16 de xaneiro de 2021, LeVert foi traspasado ós Indiana Pacers coma parte dun traspaso entre catro equipos.[4][5]

O 6 de febreiro de 2022, LeVert foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Ricky Rubio, unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2022, unha elección da segunda rolda do Draft de 2022, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2027.[6] Tres días máis tarde, o 9 de febreiro, LeVert debutou cos Cavaliers, facendo 11 puntos na vitoria por 105–92 contra os San Antonio Spurs.[7]

Notas editar

  1. "Brooklyn Nets Acquire Draft Rights to Caris Levert From Indiana". NBA.com. 7 de xullo de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  2. "Brooklyn Nets Sign Caris LeVert". NBA.com. 14 de xullo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  3. "Lopez scores 24, Nets beat Nuggets 116-111". ESPN. Associated Press. 7 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  4. "Brooklyn Nets Acquire James Harden". NBA.com. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  5. "Pacers Acquire Caris LeVert". NBA.com. 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de xaneiro de 2021. 
  6. "Cavaliers Acquire Caris LeVert". Cleveland Cavaliers (en inglés). Consultado o 2022-02-07. 
  7. Songco, Paolo (9 de febreiro de 2022). "Caris LeVert’s emotional reaction to first game on court for Cavs". ClutchPoints. Consultado o 11 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar