Pinta (carabela)

(Redirección desde «Carabela Pinta»)

A Pinta, construída en 1441, foi unha das dúas carabelas que usou Cristovo Colón na súa primeira viaxe ao Novo Mundo en 1492. A segunda foi a Niña. A terceira embarcación foi a Santa María, que en realidade era unha nao e non unha carabela, e que era a nave capitá (o navío que dirixía a expedición ao ir nel Cristovo Colón).

Pinta

Réplica da Pinta en Baiona.
Historial
Estaleiro Palos de la Frontera
Tipo Carabela
Características xerais
Desprazamento 115,59 toneladas
Eslora Incluídos paus: 29,40 metros
máxima do casco: 22,75 m
entre perpendiculares: 20,40 m
flotación (carga máx): 20,30 m
de quilla: 16,12 m.
Manga 6,60 metros
Puntal 2,21 m
Calado Correspondente: 1.91 m
de proa: 1,51 m
de popa: 1,71 m.
Propulsión vela
Velocidade 12 nós
Tripulación 25 homes

Historia editar

 
Réplicas das carabelas enviadas á exposición de Chicago de 1893.

A Pinta era propiedade de Cristóbal Quintero[1] e Gómez Rascón.

O seu nome fixo pensar a algúns historiadores que pertencía á familia Pinto, porén en realidade foi alugada aos armadores Gómez Rascón e Cristóbal Quintero, que foron nela ás Américas coma mariñeiros, polo que probabelmente o seu verdadeiro nome fose "La Pintá". Era unha carabela nórdica de velas cadradas cun velame moi sinxelo. Os paus de trinquete e maior ían aparellados cunha vela cadrada de grandes dimensións, mentres que o pau de popa, chamado de mesana, portaba unha vela latina.

A Pinta era moi veleira, de tal xeito que, o 8 de outubro, na loita por arribar os primeiros á descuberta das novas terras, acadou unha velocidade de 15 millas por hora, unha milla da época equivale a 0,8 millas náuticas actuais, polo que a súa velocidade sería dunhas 12 millas por hora.[2] O mariñeiro Rodrigo de Triana, quen avistou por vez primeira a terra do Novo Mundo, o 12 de outubro, viaxaba nesta carabela. Unha listaxe de tripulantes das máis completas pode ser:[3]

Tripulación da Carabela Pinta

1.- Martín Alonso Pinzón, capitán, (Palos)
2.- Francisco Martín Pinzón, patrón, (Palos)
3.- Cristóbal García Xarmiento, piloto, (Palos)
4.- Cristóbal Quintero, copropietario, (Moguer)
5.- Francisco García Vallejo, (Moguer)
6.- García Hernández, administrador, (Huelva)
7.- Gómez Rascón, copropietario, (?)
8.- Juan Bermúdez, (Palos)
9.- Juan Quintero, contramestre, (Moguer).
10.- Juan Rodríguez Bermejo (Rodrigo de Triana), (Molinos-Sevilla)
11.- Pedro de Arcos, cho, (Palos)
12.- Alonso de Palos, cho, (Palos)
13.- Álvaro Pérez, mariño, (Huelva)
14.- Antón Calabrés, mariño, (Calabria)
16.- Diego Martín Pinzón, mariño, (Palos)
17.- Fernando Méndez
18.- Francisco Méndez
19.- Gil Pérez, marino, (Huelva)
20.- Juan Quadrado, cho, (Algorta)
21.- Juan Reynal, mariño, (Moguer)
22.- Juan Verde de Triana, mariñeiro, (Moguer)
23.- Juan Vecano, marino, (Palos)
24.- Maestre Diego, cirurxián
25.- Pedro Tegero, mariño, (Moguer)
26.- Sancho de Rama, mariñeiro, (Palos)

Arribada editar

A Pinta, afastada da expedición por unha tempestade na viaxe de retorno foi a primeira en acadar un porto europeo xa que o 1º de marzo de 1493 arribou a Baiona, en Galicia.

Dende que foi declarada festa local oficial en 1974, celébrase anualmente a Festa da Arribada na vila de Baiona, recreando un mercado medieval e teatralizando a chegada da embarcación.

Réplicas modernas editar

Existen dúas réplicas da carabela:

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. www.Huelva24.com (Diario Online). "EL INVESTIGADOR LEOPOLDO GOROSTIZA AFIRMA QUE LA CARABELA PINTA ERA TAMBIÉN DE MOGUER.". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015. 
  2. Concello de Baiona. "Museo da Carabela Pinta". Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  3. Tripulación de Colón

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández Vial, Ignacio; Ollero Marín, Álvaro (1998). Las tres carabelas. Huelva: Diputación Provincial de Huelva. ISBN 84-8163-139-6. 
  • Gorostiza Dapena, Leopoldo La Pinta también era de Moguer. Col. "Montemayor", Revista 2015. Archivo Histórico Municipal; Fundación Municipal Cultura, Moguer, 2015.

Ligazóns externas editar