Caprinos
Caprinae

Rango fósil: mioceno - actualidade

Macho de Capra pyrenaica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Gray, 1821
Xéneros
Véxase o texto

A dos caprinos (Caprinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos.

Capricornis sumatraensis.

Inclúe dúas importantes especies domésticas, a cabra e a ovella, e moitas outras silvestres, algunhas delas obxecto de caza como, por exemplo, a cabra montesa (Capra pyrenaica), o carneiro bravo ou muflón ou os rebezos.

Características

editar

Aínda que a maioría das especies dos caprinos son gregarias e teñen estruturas corporais bastante robustas, diferen en moitos aspectos. Por exemplo, o boi almiscreiro (Ovibos moschatus) está adaptado ao frío extremo da tundra ártica; a cabra das Montañas Rochosas (Oreamnos americanus) está especializada para vivir en terreos moi accidentados, e o urial (Ovis orientalis) ocupa unha ampla rexión árida, que inclúe zonas desérticas, desde Caxemira até Irán.

Os membros deste grupo varían considerabelmente en tamaño e peso, que poden oscilar desde pouco máis de 1 m e menos de 30 kg do goral gris (Naemorhedus goral), até case 2,5 m de lonxitude e 350 kg de peso do boi almiscreiro (que, en catividade, pode alcanzar máis dos 650 kg).

Os estilos de vida dos caprinos pódense clasificar en dous grandes grupos, o dos 'defensores dos recursos', que son territoriais e defenden unha área pequena rica en alimento contra outros membros da mesma especie, e o dos 'pastores', que se reúnen en mandas e vagan libremente a través dun territorio máis grande, xeralmente menos rico en alimento.

Os defensores dos recursos son o grupo máis primitivo. Tenden a seren máis pequenos, de cores escuras, con pinceis de pelos na punta das orellas, longas crinas e cornos en forma de daga, e cos machos e as femias bastante semellantes.

Os 'pastores' son herbívoros que evolucionaron máis recentemente. Tenden a ser máis grandes, de costumes moi sociais e con comportamentos de dominancia, marcando o seu territorio coa secreción de glándulas odoríferas dos machos.

Non hai unha liña divisoria entre ambos os grupos, senón un continuuum que vai desde os seraus (xénero Capricornis nun extremo do espectro até as ovellas, as cabras e o boi almiscreiro no outro.

Clasificación

editar
 
Ammotragus lervia.
 
Oreamnos americanus.
 
Ovis aries musimon.
 
Rupicapra rupicapra.

A subfamilia foi establecida polo naturalista británico John Edward Gray en 1821, na súa obra On the natural arrangement of Vertebrose Animals. London Medical Repository 15: 296–310.

Segundo Mammal Species of the World a familia está integrada na actualidade polos seguintes xéneros:[1]

Evolución e filoxenia

editar

Os Caprinae constitúen, para a maioría dos autores, o clado dos Aegodontia (bóvidos con dentes de cabra). Porén outros falan da subfamilia Caprini, que formaría un clado dos Antilopinae lato sensu.

Os caprinos resultaron dunha rápida adaptación, hai 11 millóns de anos, á vida nas montañas por redución dos seus metacarpos seguida polo illamento nos montes do mega arquipélago que había entre os mares Mediterráneo e Paratetis.[2]

A súa rápida radiación explica a dificultade de definir unha árbore filoxenética precisa dos Caprinae. Distínguese claramente unha liña de ovibovinos que reúne os xéneros Ovibos, Naemorhedus e Capricornis, outra de ovinos (xéneros Ovis e Nilgiritragus) da que o Budorcas,[3] ou o Myotragus†,[4] poderían ser os precursores, e, finalmente, a liña das cabras (Capra, Pseudois e Hemitragus). Porén, non se atopou aínda a forma de situar aos xéneros Rupicapra, Ammotragus e Oreamnos.

En Galicia

editar

Á parte das dúas especies domésticas, os caprinos salvaxes presentes en Galicia son o rebezo pirenaico (Rupricapra pyrenaica) e a cabra montesa (Capra pyrenaica).[5]

O rebezo, que en tempos pasados fora moi común nas serras galegas lindantes con Asturias e León, estivo a piques da extinción pero, na acualidade, está recolonizando estes hábitats a causa das medidas para a protección da especie e, sobre todo, da súa reintrodución na montaña leonesa.[5]

A cabra montesa autóctona, Capra pyrenaica lusitanica, que vivira nas serras orientais e surorientais, extingiuse a mediados do século XIX. Na actualidade inténtase repoboar coa subespecie C. p. victoriae.[5]

  1. Wilson & Reeder (2005).
  2. Ropiquet, A.; Hassanin, A. (febreiro 2005). "Molecular phylogeny of caprines (Bovidae, Antilopinae): the question of their origin and diversification during the Miocene". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research (en inglés) 43 (1): 49–60. ISSN 0947-5745. doi:10.1111/j.1439-0469.2004.00290.x. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 09 de abril de 2019. 
  3. Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero & Scott E. Foss, (eds.) The Evolution of Artiodactyls. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins Universisy Press. ISBN 978-0-8018-8735-2
  4. Carles Lalueza-Fox et al. (2005): "Molecular dating of caprines using ancient DNA sequences of Myotragus balearicus, an extinct endemic Balearic mammal" Ler en liña. Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.
  5. 5,0 5,1 5,2 Díaz d'a Silva el al. (2007), p. 139.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Díaz d'a Silva, J. I. & Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96893-20-7.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar