Capela das Ánimas de Pontevedra
A Capela da Ánimas é un pequeno edificio relixioso néogótico[1] de culto católico, situado no casco antigo da cidade de Pontevedra, na rúa das Ánimas,[2] moi preto da praza de Curros Enríquez.
Capela das Ánimas de Pontevedra | |
---|---|
Fachada na rúa das Ánimas | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Capela |
Advocación | Almas do Purgatorio |
Localización | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′56″N 8°38′41″O / 42.432277777778, -8.6448611111111Coordenadas: 42°25′56″N 8°38′41″O / 42.432277777778, -8.6448611111111 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | 1898 |
Estilo | Neogótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia editar
A capela atópase nunha pequena parte do soar no que estaba situado o vello Hospital de Pontevedra que funcionaba desde o século XV, co nome de Corpo de Deus, Corpus Christi e posteriormente San Xoán de Deus, a orde que o xestionaba.[3][4]
O devandito hospital tiña anexo o seu cemiterio coa súa igrexa e o seu altar de ánimas.[2] Todo este conxunto foi demolido en 1896 cando xa se estaba construíndo o novo hospital da cidade, o Hospital Provincial de Pontevedra.[5] Ante a perda desta referencia espiritual de varios séculos, os veciños decidiron pedir a construción dunha pequena capela na que se puidese continuar coa tradición dos seus antepasados.[2] Deste xeito, ante a presión veciñal construíuse en 1898 esta pequena capela de estilo neogótico.
Descrición editar
A capela está dedicada ás almas en pena do purgatorio polas que se ofrecen esmolas para a súa salvación, e que así poidan alcanzar a felicidade no ceo.
A fachada da capela, de estilo neogótico[1] e de reducidas dimensións, atópase entre medianeiras. Ten unha porta cun arco oxival, acompañada de dúas ventás con arcos apuntados a cada lado.[6][1]
Enriba da porta de entrada atópase un pequeno van en forma de trevo de catro follas enmarcado por un círculo, representando unha cruz lobulada. Na parte superior a capela está coroada por unha cruz dentro dun círculo.[7]
No interior hai un retablo de madeira policromada de dúas fileiras cun total de seis figuras, representadas entre chamas, das cales as centrais son un bispo e un rei.[8][9]
-
Fachada da capela
-
A capela na rúa das Ánimas
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "El casco histórico cuenta con un nuevo alojamiento turístico en la Travesía das Ánimas". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Un pequeño templo levantado por los vecinos a finales del XIX". Faro (en castelán). 17 de decembro de 2017.
- ↑ Riveiro Tobío 2008, p. 30
- ↑ "El Hospital de San Juan de Dios". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de maio de 2016.
- ↑ "El CXX aniversario del Hospital". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de decembro de 2017.
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 405
- ↑ Fontoira Surís 2009, p. 405
- ↑ "Las velas causan un pequeño incendio en la capilla de las Ánimas". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de decembro de 2017.
- ↑ "Arde parte de la Capilla de las Ánimas en Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 16 de decembro de 2017.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela das Ánimas de Pontevedra |
Bibliografía editar
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental (en castelán). Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 405. ISBN 978-84-8457-327-2.
- Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra (en castelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 30. ISBN 9788482890852.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Capela das Ánimas na web Turismo de Galicia
- Capela das Ánimas na web Cityplan Arquivado 19 de febreiro de 2023 en Wayback Machine.