Campionato do Mundo de Cross 2008


O campionato do Mundo de cross celebrouse na cidade escocesa de Edimburgo o 30 de marzo de 2008, na súa 36ª edición. Están organizados pola IAAF. Son os segundos mundiais de cross que se celebran en Escocia, logo da sexta edición, celebrada en 1978 en Glasgow.

Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo de Cross 2008
Imaxe
TipoCampeonato Mundial de Corta-Mato (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
OrganizadorAsociación Internacional de Federacións de Atletismo Editar o valor em Wikidata
Número de participantes448 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónHolyrood Park (en) Traducir (Cidade de Edimburgo) 55°57′03″N 3°10′05″O / 55.950911111111, -3.1680166666667Coordenadas: 55°57′03″N 3°10′05″O / 55.950911111111, -3.1680166666667 Editar o valor em Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor em Wikidata
Número de edición36  (2008) Editar o valor em Wikidata

Datos técnicos

editar

Participaron 462 atletas, representando a 59 federacións distintas. Deles, 297 eran homes e só 165 (36%) mulleres. Por federacións, o continente máis representado era África, con 21, mentres que de Suramérica só acudiron dous equipos, Brasil e Güiana.

Percorrido e instalacións

editar

O percorrido disputouse no parque de Holyrood, localizado no barrio onde tamén se atopa o Parlamento escocés. Nun circuíto semellante xa se celebraron os europeos de cross do ano 2003. A superficie do percorrido era de herba se ben había amplas zonas a lama. O circuíto tiña unha volta curta, de 1.840 m e unha volta longa de 2.080 m. O percorrido era fundamentalmente chan, cunha grande elevación nas voltas longas, cunha costa de 13 m verticais en 80 horizontais (16%).

A vila dos deportistas localizouse na residencia universitaria Pollock Halls, ao oeste da cidade.

Distancias

editar

O mundial integrou catro campionatos, con distancias diversas:

  • Júnior feminino: 6.040 m (unha volta curta e dúas longas)
  • Júnior masculino: 7.905 metros (dúas voltas curtas e dúas longas)
  • Sénior feminino: 7.905 metros (dúas voltas curtas e dúas longas)
  • Sénior masculino: 12.125 metros (dúas voltas curtas e catro longas)

Premios

editar

O premio para os gañadores en categoría sénior eran de 30.000 dólares e para os equipos de 20.000.

Resultados

editar
 
Vista panorámica do circuíto.

Os campionatos estiveron dominados polos países africanos, fundamentalmente Etiopía, que gañou tres competicións por equipos e os catro títulos individuais, e por Kenya. Nas clasificacións de júniors, a primeira atleta non africana foi unha xaponesa (10ª), e tamén dese país foi o primeiro non africano (20º). En categorías absolutas, houbo atletas nacidos en África que, representando os Países Baixos ou Qatar obtiveron posicións destacábeis. Porén, a primeira atleta sénior non nacida en África foi a na Benita Johnson (11ª), e en homes foino o estadounidense Jorge Torres (19º).

Sénior masculino

editar
Medalla Atleta Tempo
Ouro Kenenisa Bekele   Etiopía 34'38"
Prata Leonard Komon   Kenya 34'41"
Bronce Zersenay Tadese   Eritrea 34'43"

Por equipos

editar
Medalla País Puntos
Ouro   Kenya
Leonard Komon - Joseph Ebuya - Moses Masai - Gideon Ngatuny - Bernard Kipyego - Hosea Macharinyang
39
Prata   Etiopía
Kenenisa Bekele - Habtamu Fikadu - Sileshi Sihine - Gebre-egziabher Gebremariam - Dereje Debele - Abebe Dinkesa
105
Bronce   Qatar
Felix Kikwai Kibore - Ahmad Hassan Abdullah - Sultan Khamis Zaman - Mubarak Hassan Shami - Gamal Belal Salem - Essa Ismail Rashed
144

Sénior feminino

editar
Medalla Atleta Tempo
Ouro Tirunesh Dibaba   Etiopía 25'10"
Prata Mestawet Tufa   Etiopía 25'15"
Bronce Linet Masai   Kenya 25'18"

Por equipos

editar
Medalla País Puntos
Ouro   Etiopía
Tirunesh Dibaba - Mestawet Tufa - Gelete Burka - Meselech Melkamu
18
Prata   Kenya
Linet Masai - Doris Changeywo - Priscah Cherono - Margaret Muriuki
22
Bronce   Australia
Benita Johnson - Lisa Jane Weightman - Melissa Rollison - Anna Thompson
84

Júnior masculino

editar
Medalla Atleta Tempo
Ouro Ibrahim Jeilan   Etiopía 22'38"
Prata Ayele Abshero   Etiopía 22'40"
Bronce Lucas Rotich   Kenya 22'42"

Por equipos

editar
Medalla País Puntos
Ouro   Kenya 21
Prata   Etiopía 28
Bronce   Uganda 37

Júnior feminino

editar
Medalla Atleta Tempo
Ouro Genzebe Dibaba   Etiopía 19'59"
Prata Irine Cheptai   Kenya 20'04"
Bronce Emebt Etea   Etiopía 20'06"

Por equipos

editar
Medalla País Puntos
Ouro   Kenya 16
Prata   Etiopía 20
Bronce   Xapón 57

Participación galega

editar

Nestes campionatos participaron dúas atletas galegas, Sandra Mosquera e Paula Mayobre, as dúas en categoría júnior e as dúas representando a España. A viguesa Mosquera quedou no posto 37º, cun tempo de 21'37", mentres que a aresá Mayobre foi 52ª cun tempo de 22'27".