Cambrai, Francia

Coordenadas: 50°10′36″N 3°14′08″L / 50.17667, -3.23556

Cambrai é unha comuna e cidade francesa do departamento de Norte (do cal é unha subprefectura), na rexión Hauts-de-France. É un centro industrial nas beiras do río Escalda.

Cambrai
Kamerijk (en neerlandés)
Blason cambrai.svg
Cathédrale Notre-Dame Cambrai.JPG
Catedral de Notre-Dame de Cambrai
Localización
Cambrai-Position.png
PaísFrancia Francia
RexiónHauts-de-France
DepartamentoNorte
ArrondissementCambrai
Xeografía
AltitudeMin. 41 Max. 101 msnm
Superficie18,12 km²
Demografía
Poboación32 176 habitantes (2019)
Densidade1 776 hab./km2
Xentiliciocambrésiens/cambrésiennes
Outros datos
Código postal59400
AlcaldeFrançois-Xavier Villain (UDI) 2020-2026
Páxina web oficial

XeografíaEditar

Situada a unha altitude entre os 41 e os 101 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 18,12 km².[1]

Segundo o censo de 2019 tiña unha poboación de 32 176 habitantes,[1] cunha densidade de poboación nese ano de 1776 hab./km2.

A cidade de Cambrai está situada no sur do departamento do Norte. Pertence á densa rede de cidades do Norte separadas por unhas poucas decenas de quilómetros: Douai está a só 24 km, Valenciennes a 29 km, e Arras a 36 km. A capital rexional, Lille, está a 52 km.[2]

Cambrai non está lonxe de varias capitais europeas: Bruxelas está a 108 km, París a 160 km e Londres a 280 km.[2]

DemografíaEditar

Serie de poboación histórica de Cambrai, Francia
(Fonte/s: INSEE)
Ano17931896192119461975198219902007
Poboación15 42725 25026 02326 12939 04935 27233 09232 296

HistoriaEditar

As súas orixes están na cidade romana de Camaracum. Foi capital dun reino franco de 445 a 509. Durante a Idade Media foi sé dunha importante arquidiocese. O territorio de Cambrai case coincidía co territorio histórico de Flandres, incluíndo grandes partes dos Países Baixos.

Desde o ano 1543 pertenceu á Casa de Habsburgo. Despois do Edicto perpetuo de 1577 pasou a mans francesas e, de novo, foi recuperada por Filipe II de España o 9 de outubro de 1595.[3] Luís XIV incorporouna a Francia o 19 de abril de 1677, tras un asedio de 29 días na Guerra franco-neerlandesa.[4]


Gozou dun carácter simbólico, e nela asináronse diferentes convencións ou alianzas:

Na primeira guerra mundialEditar

 
Cambrai destruída en 1919.

Do 20 de novembro ao 17 de decembro de 1917, a cidade de Cambrai foi escenario da batalla de Cambrai, dentro da primeira guerra mundial, quedando practicamente destruída. Esta batalla destaca porque os tanques foron utilizados por primeira vez de forma regular. Unha segunda batalla tivo lugar na localidade do 8 ao 10 de outubro de 1918, como parte da ofensiva dos Cen Días.

NotasEditar