Caluromiinos
Caluromiinos Caluromyinae Sarigüeias laúdas | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caluromys philander | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||
|
- Artigos principais: Didelfimorfos e Didélfidos.
A dos caluromiinos (Caluromyinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos,[1] que inclúe catro xéneros, aínda que só tres deles teñen especies vivas, un total de cinco, coñecidas na bibliografía como sarigüeias laúdas.
Unha das características que identifican aos machos das especies desta subfamilia é que teñen dous bulbos uretrais, a diferenza dos da outra suffamilia, a dos didelfinos, que teñen tres.[2]
Desde o punto de vista taxonómico cómpre dicir que, noutro tempo, os xéneros Caluromys e Caluromysiops incluíanse nunha familia independente da dos didélfidos, a dos caluromíidos (Caluromyidae). Por outra parte, Glironia, o terceiro xénero con especies vivas na actualidade formaba por si só a familia dos glironíidos (Glironiidae).[3]
Taxonomía
editarDescrición
editarA subfamilia foi descrita en 1977 polo zoólogo estadounidense John A. W. Kirsch, en Aust. J. Zool., Suppl. ser., 52: 111.[1]
Etimoloxía
editarO nome científico Caluromyinae formouse, como é norma, sobre a base do nome do xénero tipo, neste caso Caluromys, coa adición da desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Pola súa parte, Caluromys, resulta da unión dos elementos do latín científico cal-, derivado do grego antigo καλός kalós, 'fermoso'; -uro, procedente do grego antigo οὐρά ourá, 'cola', e -mys, tirado do grego antigo μῦς mỹs, 'rato'. Literalmente: 'os de cola fermosa'.
Clasificación
editarSegundo a clasificación da subfamilia ofrecida polo MSW, a subfamilia comprende os xéneros, subxéneros e especies seguintes:
Nota: para outras clasificacións, véxanse os artigos Didelfimorfos e Didélfidos.
Xénero | Subxénero | Especie | Autor | Nome vernáculo | Estado conservación UICN |
---|---|---|---|---|---|
Caluromys | Caluromys | philander | (Linnaeus, 1758) | Sarigüeia laúda de cola espida ou parda | Pouco preocupante (LC) [4] |
Mallodelphys | derbianus | (Waterhouse, 1841) | Sarigüeia laúda centroamericana | Vulnerable (VU) [5] | |
lanatus | (Olfers, 1818) | Sarigüeia laúda occidental | Pouco preocupante (LC) [6] | ||
Caluromysiops | irrupta | Sanborn, 1951 | Sarigüeia laúda de ombros negros ou inca | Vulnerable (VU) [7] | |
Glironia | venusta | Thomas, 1912 | Sarigüeia de cola de pincel ou glironia gris | Vulnerable (VU) [8][9] | |
Pachybiotherium (†) | acclinum | Ameghino, 1902 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Caluromyinae no MSW.
- ↑ Glironia venusta na ADW.
- ↑ Wilson, D. E. e Reeder, D. M., editores, (2005): Caluromyinae Arquivado 28 de abril de 2009 en Wayback Machine. en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
- ↑ Caluromys philander na Lista vermella da UICN.
- ↑ Caluromys derbianus na Lista vermella da UICN.
- ↑ Caluromys lanatus na Lista vermella da UICN.
- ↑ Caluromysiops irrupta na Lista vermella da UICN.
- ↑ Glironia venusta na Lista vermella da UICN.
- ↑ Nota: todas as consultas na Lista vermella da UICN fixéronse o 19-04-2016, na Versión 2015-4 de dita lista.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Caluromiinos |
Bibliografía
editar- Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1.
- Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Subfamily Caluromyinae Kirsch and Reig 1977 Arquivado 17 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Caluromyinae Kirsch, 1977 no ITIS.
- Caluromyinae na EOL.
- Subfamily Caluromyinae Kirsch & Reig, in Kirsch, 1977 Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en The Taxonomicon.