Didelfimorfos

(Redirección desde «Didelphimorphia»)
Didelfimorfos
Didelphimorphia

Rango fósil: cretáceo superior - actualidade

Sarigüé de Virxinia (Didelphis virginiana)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Orde: Didelphimorphia
Gill, 1872
Familias, Subfamilias e Xéneros
Véxase o texto

A dos didelfimorfos (Didelphimorphia) é unha orde de mamíferos,[1] que agrupa á maior parte dos marsupiais que habitan na actualidade o continente americano.

Inclúe 92 especies vivas, todas na familia dos didélfidos,[1] e moitas máis extintas.

Historia evolutiva editar

A xulgar polos rexistros fósiles, son dos marsupiais máis antigos que chegaron até os nosos días, e fixérono sen sufrir grandes variacións anatómicas, polo que poden considerarse como fósiles viventes.

Aínda que non hai datos da existencia destes animais en Australia e na Antártida, suponse que deberon habitalas, pois ambos os continentes estaban unidos aínda a Suramérica, no antigo continente e Gondwana, cando os marsupiais apareceron na Terra.

Colonizaban practicamente todos os ecosistemas e entre eles había especies con todo tipo de hábitos alimenticios.

Taxonomía editar

Descrición editar

A orde foi descrita en 1872 polo paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico Didelphimorphia está formado pola unión á raíz do nome do xénero tipo da sñua máis importante familia (e única con especies vivas na actualidade) Didelphis, co elemento do latín científico -morphia, plural de -morphus, tirado do grego antigo μορφή ‎morphḗ, 'forma', 'aparencia', 'aspecto'.

Pola súa parte Didelphis está formado polo elemento di-, calco do grego δι-, 'dous', e o termo do grego antigo δελφύς ‎delphýs, 'útero'.

Clasificación editar

A orde dos Didelphimorphia inclúe dúas familias, pero só unha, a dos Didelphidae contén especies actuais (ademais da maioría das especies fósiles). A clasificación dos xéneros e especies restantes non está terminada de aclarar, existindo algúns de clasificación incerta.

Porén, dúas das máis prestixiosas bases de datos, o MSW e o ITIS, dan as seguintes clasificacións para a familia dos didélfidos:

 
Caluromys philander.
 
Caluromys derbianus.
 
Chironectes minimus.
 
Didelphis marsupialis.

Clasificación do MSW editar

Clasificación do SIIT editar

Como vemos, só hai unhas pequenas diferenzas na subfamilia dos Caluromyinae

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Wilson, D. E. e Reeder, D. M., ed. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 1-800-537-5487.
  2. Didelphidae no MSW.
  3. ´Didelphidae Gray, 1821 no ITIS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar