Ameridelfos
Ameridelfos Ameridelphia Rango fósil: cretáceo - actualidade [1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Ordes e Familias | |||||||||||||||||||||
|
Os ameridelfos (Ameridelphia) son un clado (magnorde ou superorde, segundo os autores) de mamíferos que inclúe a maioría dos marsupiais actuais de América (excepto Dromiciops gliroides, o popular colocolo que, a pesar de vivir nos bosques de Chile e a Arxentina, está claificado dentro da magnorde dos australidelfos).
O grupo integra un total de 98 especies distribuídas en dúas ordes, Didelphimorphia, con 92 especies,[2] e Paucituberculata, con 6 especies.[3]
Unha terceira orde, Sparassodonta, só inclúe especies extintas.
Clasificación
editarO grupo foi descito en 1982 pola antropóloga e zoóloga australiana Alexandra Szalay, en "A new appreaisal of marsupial phylogeny and classification", pp. 621–640, en M. Archer, ed. (1982): Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.
Comprende as ordes familias seguintes:
- Orde Didelphimorphia (Gill, 1872)
- Familia Didelphidae Gray, 1821 - sarigüeias
- Orde Paucituberculata Ameghino, 1894
- Familia Caenolestidae Trouessart, 1898 - sarigüeias rata
Evolución e filoxenia
editarNa actualidade pénsase que os marsupiais modernos proceden dunha liñaxe orixinaria de América que máis tarde chegou a Australia, onde se divesificou nunha masiva radiación adaptativa.[4][5]
Datos moleculares, incluíndo análises de sitios de inserción de retrotransposóns no ADN nuclear duna gran variedade de marsupiais e as evidencias fósiles indican que os Ameridelphia podería ser mellor entendido como un grao evolutivo.
Segundo isto, os Didelphimorphia parecen seren o grupo basal dos marsupiais, e os Paucituberculata non parecen seren os seus parentes máis achegados.[4][5]
Por outra parte, o clado sen claificar Euaustralidelphia propúxose como o nome para os marsupiais australianos, Australidelphia (agás os Microbiotheria, dos que Dromiciops é o único supervivente (un auténtico fósil vivente), que con toda probabilidade deriva dunha única colonización de Suramérica vía a Antártida.[Cómpre referencia]
Árbore filoxenética
editar—o Magnorde Ameridelphia (Szalay, 1982) |- Xénero Jaskhadelphys Marshall & de Muizon, 1988 (†) |- Xénero Progarzonia Ameghino, 1904 (†) |-o Subfamilia Protodidelphinae Marshall, 1987 (†) |-o Orde Didelphimorphia (Gill, 1872) | |-o Familia Didelphidae Gray, 1821 | `-o Familia Sparassocynidae (Reig, 1958) (†) |-o Orde Paucituberculata Ameghino, 1894 | |-o Superfamilia Argyrolagoidea (Ameghino, 1904) (†) | | |-o Familia Argyrolagidae Ameghino, 1904 (†) | | |-o Familia Groeberiidae Patterson, 1952 (†) | | `-o Familia Patagoniidae Pascual & Carlini, 1987 (†) | |-o Superfamilia Caenolestoidea (Trouessart, 1898) | | |-o Familia Abderitidae (Ameghino, 1889) (†) | | |-o Familia Caenolestidae Trouessart, 1898 | | |-o Familia Palaeothentidae (Sinclair, 1906) (†) | | `-o Familia Sternbergiidae (Szalay, 1994) (†) | |-o Superfamilia Caroloameghinioidea (Ameghino, 1901) (†) | | |-o Familia Caroloameghiniidae Ameghino, 1901 (†) | | `-o Familia Glasbiidae (Clemens, 1966) (†) | `-o Superfamilia Polydolopoidea (Ameghino, 1897) (†) | |-o Familia Bonapartheriidae Pascual, 1980 (†) | |-o Familia Polydolopidae Ameghino, 1897 (†) | |-o Familia Prepidolopidae Pascual, 1980 (†) | `-o Familia Sillustaniidae Crochet & Sigé, 1996 (†) `-o Orde Sparassodonta (Ameghino, 1894) (†) |-o Familia Borhyaenidae Ameghino, 1894 (†) |-o Familia Hondadelphidae Marshall et al., 1990 (†) `-o Familia Mayulestidae de Muizon, 1994 (†)
Notas
editar- ↑ Kielan-Jaworowska, Z.; Cifelli, R. L. & Luo, Z.-X. (2004): Mammals from the Age of Dinosaurs: Origins, evolution, and structure. Nova York: Columbia University Press.
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed) - Didelphimorphia". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed) - Paucituberculata". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 Schiewe, Jessie (28-07-2010). "Australia's marsupials originated in what is now South America, study says" (en inglés). Los Angeles Times.
- ↑ 5,0 5,1 Nilsson, M. A.; Churakov, G.; , Sommer, M.; Van Tran, N.; Zemann, A.; Brosius, J.; Schmitz, J. (27-07-2010). "Tracking Marsupial Evolution Using Archaic Genomic Retroposon Insertions". PLoS Biology (Public Library of Science) 8 (7): e1000436. PMC 2910653. PMID 20668664. doi:10.1371/journal.pbio.1000436.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Ameridelfos |
Bibliografía
editar- Archer, M., ed. (1982): Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.
- Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5.