Édouard Louis Trouessart

zoólogo (1842–1927)

Édouard Louis Trouessart, nado o 25 de agosto de 1842 en Angers e finado o 30 de xuño de 1927 en París, foi un zoólogo francés.

Édouard Louis Trouessart
Edouard Louis Trouessart by Henri Manuel.png
Nacemento25 de agosto de 1842
 Angers
Falecemento30 de xuño de 1927
 París
NacionalidadeFrancia
Alma máterUniversidade de Poitiers
Ocupaciónzoólogo, profesor e aracnólogo
Paisen etiquetar
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun profesor de física da Universidade de Poitiers, Trouessart foi educado en Angers e Poitiers antes de entrar na escola de Medicina militar de Estrasburgo. A causa de graves problemas de saúde, tivo que abandonar os estudos.

En 1864 pasou a ser profesor de física na Universidade de Poitiers, e desde entón consagrouse ao estudo da Historia natural. Regresou aos estudos de medicina e obtivo o seu doutoramento en 1870. Serviu no exército francés durante a guerra franco-prusiana.

Despois de servir no hospital de Villevêque, dirixiu entre 1882 e 1884 o museo de Angers e ensinou historia natural no liceo da cidade. En 1885 instalouse en París, onde frecuentou a compañía de Alphonse Milne-Edwards (1835-1900), a quen axudou como voluntario.

A morte de Émile Oustalet (1844-1905) permitiulle obter a cátedra de Zooloxía (mamíferos e aves), posto que conservou até 1926.

Dedicouse principalmente ao estudo dos mamíferos e dos ácaros, ademais das aves. Entre as súas obras cómpre destacar Catalogus mammalium tam viventium quam fossilium (1899) e Faune des Mammifères d'Europe (1910). En 1901 accedeu á presidencia da Sociedade Zoolóxica de Francia.

Algunhas publicaciónsEditar

1886 - Les microbes, les ferments et les moisissures. Avec 107 figures dans le texte.
1893 - Au bord de la mer: géologie, faune et flore des côtes de France de Dunkerque à Biarritz.
1899 - Catalogus mammalium tam quam viventium fossilium.
1910 - Faune des Mammifères d’Europe.
1922 - La distribution géographique des animaux.

AbreviaturaEditar

A abreviatura Trouessart emprégase para indicar a Édouard Louis Trouessart como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.