Alexandra Szalay (...) é unha antropóloga e zoóloga australiana.

Infotaula de personaAlexandra Szalay
Biografía
NacementoAustralia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sydney - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoóloga , antropóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseu Australiano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSzalay Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTim Flannery

Traxectoria editar

Segunda esposa do famoso naturalista e conservacionista Tim Flannery,[1] é coñecida polos seus numerosos estudos sobre as tribos indíxenas da pluvisilva de Nova Guinea.

En 1982 describiu o novo clado dos Ameridelphia (magnorde, superorde ou cohorte, segundo as clasificións) que engloba ao marsupiais americanos e que, co dos Australidelphia ou marsupiais da rexión australiana, que así mesmo foi descito por ela, integran a infraclase destes mamíferos.[2]

Durante unha expedición en 1995 pola parte indonesia da illa co seu esposo e o naturalista indonesio Boeadi, descubriu o marsupial Dendrolagus mbaiso, unha das últimas especies de mamíferos descubertas.

No ano seguiente, co libro Tree kangaroos: a curious natural history (sobre os canguros arborícolas), gañou o premio Colin Roderick (xunto con Tim Flannery, Roger Martin e o ilustrador Peter Schouten).

Principais publicacións editar

- 1982: "A new appreaisal of marsupial phylogeny and classification", pp. 621–640, en M. Archer, ed. Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.

- 1992: "The accidental athropologist". Australian Natural History 23 (12): 902-903.

- 1996: Tree kangaroos: a curious natural history. Port Melbourne, Victoria: Reed Books Australia. (Con Tim Flannery, Roger Martin e Peter Schouten).

- 1999: Maokop: the montane cultures of central Irian Jaya: environment, society, and history in highland West New Guinea. (Thesis (Ph. D.) Dept. of Anthropology, Faculty of Arts, University of Sydney, 2000).

- 2001: "Raising the Morning star in the Pacific: six months in the developing independence movement in West Papua". Journal of Pacific History 36 (1): 77-92. (con Theo van den Broek).

Notas editar

  1. "Tim Flannery, eco-science’s great campaigner", por Stephen Pincock. Financial Times, 28 de febreiro de 2009.
  2. Szalay, F. S. (1982): "A new appreaisal of marsupial phylogeny and classification", pp. 621-640, en M. Archer, ed. Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar