Caenolestes fuliginosus
Caenolestes fuliginosus | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caenolestes fuliginosus | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Caenolestes fuliginosus Tomes, 1863 | |||||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Caenolestes fuligionosus é unha especie de mamífero marsupial da orde dos paucituberculados, familia dos cenoléstidos e xénero Caenolestes,[1]
É a máis coñecida das seis especies sobreviventes da orde dos paucituberculados (sarigüeias rato).
Hábitat e distribución
editarA especie habita nos bosques alpinos e en praderías dos Andes, no norte o e o oeste do Ecuador e de Colombia, e o noroeste de Venezuela.
En Colombia encóntrase desde os 2.000 até os 3.800 m de altitude, e no Ecuador desde os 1.600 aos 4.000 m.[2]
É un animal terrícola, aínda que pode agatuñar os troncos das árbores.
Ameazas
editarCaenolestes fuligionosus non sofre ameazas importantes. Porén, nalgunhas localidades, nas praderías do seu hábitat, ten que competir co pastoreo do gando.[2]
Subespecies
editarA especie Caenolestes fuligionosus foi descrita por primeira vez en 1863 polo zoólogo inglés Robert Fisher Tomes, no seu traballo "Notice of a new American form of marsupial", publicado nas páxinas 50–51 da revista Proc. Zool. Soc. Lond.
Recoñécense na actualidade a tres subespecies seguintes:[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Gardner, A. L.(2005): Order Paucituberculata. En: Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World. 3 ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 19–20.
- ↑ 2,0 2,1 Patterson, B.; Gomez-Laverde, M. & Delgado, C., asesores (2008): Caenolestes fuligionosus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ En: Proc. Zool. Soc. Lond., 1863, 51: pp. 50–51.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caenolestes fuliginosus |
Bibliografía
editar- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M., editors (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 1-800-537-5487.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Caenolestes fuliginosus en Animal Diversity Web (en inglés). Consultada o 16 de maio de 2015.