Ameridelfos

clado de mamíferos que inclúe a maioría dos marsupiais actuais de América
Ameridelfos
Ameridelphia

Rango fósil: cretáceo - actualidade [1]

Sarigüeia de Virxinia (Didelphis virginiana)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Ameridelphia
Szalay, 1982
Ordes e Familias
Véxae o texto

Os ameridelfos (Ameridelphia) son un clado (magnorde ou superorde, segundo os autores) de mamíferos que inclúe a maioría dos marsupiais actuais de América (excepto Dromiciops gliroides, o popular colocolo que, a pesar de vivir nos bosques de Chile e a Arxentina, está claificado dentro da magnorde dos australidelfos).

Caenolestes fuliginosus.

O grupo integra un total de 98 especies distribuídas en dúas ordes, Didelphimorphia, con 92 especies,[2] e Paucituberculata, con 6 especies.[3]

Unha terceira orde, Sparassodonta, só inclúe especies extintas.

Clasificación editar

O grupo foi descito en 1982 pola antropóloga e zoóloga australiana Alexandra Szalay, en "A new appreaisal of marsupial phylogeny and classification", pp. 621–640, en M. Archer, ed. (1982): Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.

Comprende as ordes familias seguintes:

Evolución e filoxenia editar

Na actualidade pénsase que os marsupiais modernos proceden dunha liñaxe orixinaria de América que máis tarde chegou a Australia, onde se divesificou nunha masiva radiación adaptativa.[4][5]

Datos moleculares, incluíndo análises de sitios de inserción de retrotransposóns no ADN nuclear duna gran variedade de marsupiais e as evidencias fósiles indican que os Ameridelphia podería ser mellor entendido como un grao evolutivo.

Segundo isto, os Didelphimorphia parecen seren o grupo basal dos marsupiais, e os Paucituberculata non parecen seren os seus parentes máis achegados.[4][5]

Por outra parte, o clado sen claificar Euaustralidelphia propúxose como o nome para os marsupiais australianos, Australidelphia (agás os Microbiotheria, dos que Dromiciops é o único supervivente (un auténtico fósil vivente), que con toda probabilidade deriva dunha única colonización de Suramérica vía a Antártida.[Cómpre referencia]

Árbore filoxenética editar

 —o Magnorde Ameridelphia (Szalay, 1982)
  |- Xénero Jaskhadelphys Marshall & de Muizon, 1988 ()
  |- Xénero Progarzonia Ameghino, 1904 (†)
  |-o Subfamilia Protodidelphinae Marshall, 1987 (†)
  |-o Orde Didelphimorphia (Gill, 1872)
  | |-o Familia Didelphidae Gray, 1821
  | `-o Familia Sparassocynidae (Reig, 1958) (†)
  |-o Orde Paucituberculata Ameghino, 1894 
  | |-o Superfamilia Argyrolagoidea (Ameghino, 1904) (†)
  | | |-o Familia Argyrolagidae Ameghino, 1904 (†)
  | | |-o Familia Groeberiidae Patterson, 1952 (†)
  | | `-o Familia Patagoniidae Pascual & Carlini, 1987 (†)
  | |-o Superfamilia Caenolestoidea (Trouessart, 1898) 
  | | |-o Familia Abderitidae (Ameghino, 1889) (†)
  | | |-o Familia Caenolestidae Trouessart, 1898  
  | | |-o Familia Palaeothentidae (Sinclair, 1906) (†)
  | | `-o Familia Sternbergiidae (Szalay, 1994) (†)
  | |-o Superfamilia Caroloameghinioidea (Ameghino, 1901) (†)
  | | |-o Familia Caroloameghiniidae Ameghino, 1901 (†)
  | | `-o Familia Glasbiidae (Clemens, 1966) (†)
  | `-o Superfamilia Polydolopoidea (Ameghino, 1897) (†)
  |   |-o Familia Bonapartheriidae Pascual, 1980 (†)
  |   |-o Familia Polydolopidae Ameghino, 1897 (†)
  |   |-o Familia Prepidolopidae Pascual, 1980 (†)
  |   `-o Familia Sillustaniidae Crochet & Sigé, 1996 (†)
  `-o Orde Sparassodonta (Ameghino, 1894) (†) 
    |-o Familia Borhyaenidae Ameghino, 1894 (†) 
    |-o Familia Hondadelphidae Marshall et al., 1990 (†)
    `-o Familia Mayulestidae de Muizon, 1994 (†)

Notas editar

  1. Kielan-Jaworowska, Z.; Cifelli, R. L. & Luo, Z.-X. (2004): Mammals from the Age of Dinosaurs: Origins, evolution, and structure. Nova York: Columbia University Press.
  2. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed) - Didelphimorphia". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  3. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed) - Paucituberculata". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Schiewe, Jessie (28-07-2010). "Australia's marsupials originated in what is now South America, study says" (en inglés). Los Angeles Times. 
  5. 5,0 5,1 Nilsson, M. A.; Churakov, G.; , Sommer, M.; Van Tran, N.; Zemann, A.; Brosius, J.; Schmitz, J. (27-07-2010). "Tracking Marsupial Evolution Using Archaic Genomic Retroposon Insertions". PLoS Biology (Public Library of Science) 8 (7): e1000436. PMC 2910653. PMID 20668664. doi:10.1371/journal.pbio.1000436. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Archer, M., ed. (1982): Carnivorous Marsupials, volume 2. Sydney: Royal Zoological Society of New Wales. ISBN 978-0-9599951-3-8.
  • Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5.

Outros artigos editar