Call of Duty 3
Call of Duty 3 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, ambientado durante a segunda guerra mundial. Foi desenvolvido por Treyarch e distribuído por Activision, agás a versión para Playstation Portable, desenvolvida por Amaze. Púxose á venda para Playstation 3, Playstation 2, Playstation Portable, Nintendo Wii, Xbox e Xbox 360.
Call of Duty 3 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Treyarch e Exakt Entertainment |
Distribuidora(s) | Activision e Spike |
Compositor(es) | Joel Goldsmith |
Lanzamento | 7 de novembro de 2006, 10 de novembro de 2006, 15 de novembro de 2006, 22 de novembro de 2006, 24 de novembro de 2006, 29 de marzo de 2007, 14 de novembro de 2006, 6 de decembro de 2006, 8 de decembro de 2006, 23 de marzo de 2007 e 14 de xuño de 2007 |
Xénero | videoxogo de disparos en primeira persoa |
Modos de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Wii, Xbox 360, Xbox, PlayStation 2 e PlayStation 3 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Argumento
editarO xogo recrea diversas batallas e enfrontamentos tras o desembarco de Normandía entre as tropas aliadas e as tropas nazis. Figuran diversas unidades de franceses, ingleses, estadounidenses, polacos e canadenses.
Armamento
editarO armamento é acorde á época na que se basea a liña argumental, que inclúen diversos rifles automáticos e metralladoras: MP-40, MP-44, FG-42 e FG-42 con mira telescópica, metralladora MG-42, fusís: Kar98k e Kar98k con mira telescópica, Gewehr 43(semiautomática), antitanque Panzerschreck; por parte do Eixe.
Armas lixeiras automáticas: BAR(EEUU), Thompson(EEUU), Bren(Canadá e Polonia), Sten (Reino Unido), fusís: Springfield, M1 Garand, Lee Enfield e Lee Enfield con mira telescópica, ambas de uso canadense e británico.
Vendas
editarA versión de PS3 vendeu aproximadamente 700 000 copias [1], a de Xbox 360 2,35 millóns [2], a de Wii 1,36 millóns [3] e a de PS2 870 000 copias [4].
Críticas
editarOs baremos e as críticas varían moito segundo a versión. Para PS3 e Xbox 360 déuselle grande importancia ao apartado técnico. As versións de Wii e PS2 teñen un apartado técnico inferior, debido ás especificacións técnicas inferiores destes dous equipos. A versión para Wii está adaptada ao control propio da videoconsola. Acadou un 69 en Metacritic [5]. A versión de PS2 conseguiu un 82 [6], a de PS3, un 80 [7] e a de Xbox 360, un 82 [8]. A de Xbox, un 83.[9]
Notas
editar- ↑ "Call of Duty 3 for PlayStation 3 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3 for Xbox 360 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3 for Wii - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call Of Duty 3 for PlayStation 2 - Sales, Wiki, Release Dates, Review, Cheats, Walkthrough". www.vgchartz.com. Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
- ↑ "Call of Duty 3". Metacritic (en inglés). Consultado o 2020-01-17.
Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |