Caconda é unha cidade e un concello da provincia da Huíla, en Angola.

Modelo:Xeografía políticaCaconda

Localización
Mapa
 13°46′S 15°05′L / -13.77, 15.08Coordenadas: 13°46′S 15°05′L / -13.77, 15.08
EstadoAngola
ProvinciasHuíla (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación167.820 (2014) Editar o valor em Wikidata (35,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.715 km² Editar o valor em Wikidata

Laboratorio de Anchieta en Caconda.

Xeografía editar

O concello, creado en 1857, ten unha extensión de 4 715 km² e unha poboación de 186 098 habitants (estimación de 2006),[1] distribuídos nas comunas de Caconda, Uaba, Cusse, Gungui e Sede.[2]

Localizada na rexión de Plano Alto, a 237 km ao norte de Lubango, a capital provincial,[2] e aproximadamente a 700 km ao sur de Luanda, a capital do país.

Caconda ten un clima subtropical de terras altas, clima temperado con inverno seco e verán suave (Cwb na clasificación climática de Köppen).

Datos climáticos para Caconda
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media diaria en °C 18,9 19,0 19,3 19,0 16,8 14,9 15,0 17,2 19,7 20,5 19,7 19,0 18,3
Precipitación media mm 172 160 266 123 8 0 0 0 7 93 160 193 1 182
Fonte: Climate-Data-org[3]

Historia editar

Coa colonización portuguesa, o territorio da actual provicia da Huíla foi incluído no territorio de Benguela.[4] No século XIX, Caconda era o punto máis avanzado no territorio colonial de Portugal en África.

Por un decreto lei aprobado en abril de 1849, o territorio foi integrado no distrito de Moçamedes (agora chamado Narnibe). Un dos principais municipios da provincia é Caconda.[4]

Caconda ten un lugar na historia da zooloxía, porque foi alí onde o grande explorador e naturalista portugués José Alberto de Oliveira Anchieta (1833–1897) levou a cabo a maior parte do seu traballo, e nesa localidde morrreu en 1897, cando regresaba dunha expedición.

A rexión de Caconda viuse severamente afectada pola guerra civil angolana. É unha zona extremadamente pobre, e moitas familias viven da agricultura de subsistencia, e rexistra unha taxa de desnutrición do 20 %. Un gran número de persoas foi desprazado durante a guerra civil. O programa de axuda das Nacións Unidas e o Programa Mundial de Alimentos foron esenciais para facer fronte á catástrofe humanitaria.

Cultura editar

Os principais monumentos de Caconda son os restos da fortaleza portuguesa de Caconda e a igrexa construída en 1956.[5]

Nos últimos anos o goberno está a financiar programas para o desenvolvemento rural e combater a fame. O alcalde Cacondas, Adão Sebastião César, anunciuou en abril de 2014 a construción da Biblioteca Municipal, cun orzamento 20 millóns de kwanzas (uns 150 000 euros). O edificio ofrece un espazo para 2 000 libros e unha sala de ordenadores. A ministra de cultura Rosa Cruz e Silva xa había prometera durante a súa visita a entrega a Caconda de 1 000 libros polo seu Ministerio.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar