Chandrasekhara Venkata Raman

físico indio
(Redirección desde «C. V. Raman»)

Chandrasekhara Venkata Raman (चन्द्रशेखर वेङ्कट रामन्), nado en Madrás o 7 de novembro de 1888 e finado en Bangalore o 21 de novembro de 1970, foi un físico indio.

Infotaula de personaSir Chandrashekhara Venkata Raman

Chandrasekhara Venkata Raman
Nome orixinal(ta) சந்திரசேகர வெங்கட ராமன் Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1888
Tiruchirappalli (Raj Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1970 (82 anos)
India Bangalore, Karnataka, India
Datos persoais
ResidenciaNova Delhi
País de nacionalidadeIndia India
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Coñecido porDescubrir a forma de traspasar un raio de luz sobre líquidos.
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico , profesor universitario , cristalógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Hindú de Benarés
Instituto Indiano de Ciências (pt) Traducir
Universidade de Calcuta Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresRhishard Llewellyn Jones (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoVikram Sarabhai (en) Traducir, G.N. Ramachandran (pt) Traducir, S. Pancharatnam (en) Traducir e K. R. Ramanathan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLokasundari Ammal (1907-1970)
FillosVenkatraman Radhakrishnan (pt) Traducir, Chandrasekhar (Raja) Raman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisR. Chandrasekhara Iyer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Parvathi Ammal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCS Ayyar (en) Traducir, Mangalam (en) Traducir, Kumaraswamy (Skandan) (en) Traducir, Sundaram (en) Traducir, Sitalaxmi (en) Traducir, Meena (en) Traducir e Ramaswamy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física (1930)
Premio Lenin da Paz (1957)
Sinatura

WikiTree: Raman-17 Find a Grave: 19275762 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A temperá idade trasladouse á cidade de Visakhapatnam, Andhra Pradesh. Completou a súa lincenciatura e doutoramento en física e inglés no Colexio Presidencia de Madrás. Obtivo praza nos Servizos Civís Indios como asistente do supervisor xeral en Calcuta.

Foi profesor de física na cátedra Palit da Universidade de Calcuta entre 1917 e 1933 e foi alí onde foi recoñecido o seu traballo no campo da óptica. En 1919 foi nomeado secretario honorario da Asociación India para o Progreso das Ciencias e entre 1933 e 1948 foi director do Instituto Indio de Ciencia de Bangalore. En 1929 recibiu o título de cabaleiro (sir).

Inicialmente as súas investigacións dirixíronse cara ao estudo das vibracións e a problemas de acústica, pero cara a 1920 empezou a investigar sobre a difracción da luz e a dos raios X.

En 1928 foi o descubridor do chamado efecto Raman, que tivo lugar ao irradiar un líquido transparente ou un vapor cunha luz monocromática e estudar o espectro da luz difundida, no que se observaban variacións de frecuencia, segundo as predicións teóricas formulasda en 1923 por A. G. S. Smekal.

Por este descubrimento, en 1930 foi galardoado co premio Nobel de Física.

Desde 1949 fundou e formou parte do consello directivo do Instituto Raman de Investigación.

Algúns dos seus escritos son:

  • Molecular Diffraction of Light (Difracción molecular da luz, 1922)
  • The New Physics; Talks on Aspects of Science (A nova física; charlas sobre aspectos da ciencia, 1951).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar