César Pelli
César Pelli, nado en San Miguel de Tucumán o 12 de outubro de 1926 e finado en Nova York o 19 de xullo de 2019,[1][2] foi un arquitecto arxentino, Estudou arquitectura e graduouse na Universidade Nacional de Tucumán. Posteriormente comezou a traballar no seu país, ata que en 1952 se trasladou aos Estados Unidos, onde obtivo a nacionalidade estadounidense. Viviu en New Haven, Connecticut, e dirixiu o estudo Pelli-Clarke-Pelli.
A súa obra máis famosa constitúena as Torres Xemelgas Petronas de Kuala Lumpur, que dende 1998 e ata mediados de 2003 foron os edificios máis altos do mundo. Destácase unha busca de elegancia e sobriedade nas liñas, e o intento de crear unha imaxe ao mesmo tempo moderna e arcaica. Despois da súa morte en 2019, o entón primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, tamén expresou as condolencias.[3]
En España son obras súas a Torre de Cristal, un dos catro rañaceos do Cuatro Torres Business Area de Madrid; a Torre Iberdrola de Bilbao e a Torre Cajasol de Sevilla.
Notas
editar- ↑ Cesar Pelli, Argentine architect behind the Petronas Towers, dies aged 92
- ↑ Zabalbeascoa, Anatxu (20-7-2019). "Muere a los 92 años César Pelli, el arquitecto argentino de las Torres Petronas". elpais.com (en castelán). Consultado o 23-7-2019.
- ↑ "Mahathir sends condolences over Pelli’s death". thesun.my (en inglés). 2019-07-20.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: César Pelli |