A Torre Cajasol, tamén coñecida como Torre Pelli por ser o seu arquitecto César Pelli, é un rañaceos de oficinas en construción na cidade de Sevilla. As obras comezaron en marzo de 2008 e espérase que finalicen en 2015.

Torre Cajasol
A torre en 2014
Tipoedificio de grande altura Editar o valor en Wikidata
Uso(s)Oficinas
Localización
Mapa
 37°23′31″N 6°00′35″O / 37.3919, -6.0097
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Sevilla
ConcelloSevilla Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSevilla, Andalucía Andalucía
Datas
Inicio construción2007
Remate construción2015
Fundación2014 Editar o valor en Wikidata
Inauguración2015 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura180,5 m
Pisos37 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
PropietarioCaixaBank
ArquitectoCésar Pelli
Contacto
Páxina WEBtorre-sevilla.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A torre ten 180,5 metros de altura e 40 plantas, 3 delas baixo a rasante. A torre será utilizada para oficinas, tendo a súa entrada pola rúa Odiel. A torre, construída para ser a sede de Cajasol, será o edificio máis alto da cidade e tamén de Andalucía.

Historia e características

editar

A torre estase a construír na Illa da Cartuja, na zona onde se celebrou a Exposición Universal de Sevilla de 1992. Está situada xunto ao río Guadalquivir nunha área reurbanizada na década de 2000. A torre estará flanqueada por dous edificios de catro plantas tamén deseñados por César Pelli. Os bordos curvados dos edificios definirán unha praza que se abre no norte e o sur e estreita no centro, creando unha rúa comercial peonil escalada.

Informouse que a UNESCO estaba a considerar poñer monumentos da cidade de Sevilla que se clasifican como Patrimonio da Humanidade (a Catedral, os Reais Alcázares e o Arquivo Xeral de Indias) na lista de patrimonio en perigo a causa do "impacto visual negativo" da torre no vello horizonte da cidade de Sevilla.[1] A proposta foi rexeitada na reunión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO en San Petersburgo en 2012, pero na reunión lamentouse que o traballo na torre non fora suspendido.[2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar