Cándido Cabanelas

mestre e político galego

Cándido Cabanelas Barros, nado en 1930 e finado o día de Santos de 2023,[1] foi un mestre e político galego que foi alcalde de Boborás durante 20 anos.

Infotaula de personaCándido Cabanelas
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (92/93 anos)
Alcalde de Boborás
1971 – 1991 – Cipriano Caamaño → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCoalición Galega
Coalición Progresista Galega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mestre e fillo de mestre, destinárono á escola de Cenlle primeiro, e logo de Brués, onde deu clase varias décadas. Alí comezou a facerse un sitio na sociedade local, converténdose primeiro en director da oficina da Caixa Rural e logo en director da Cámara Agraria de Beariz. Foi correspondente de La Región en Boborás.

En 1971 foi designado polo gobernador civil Guillermo Fernández Júlbez como alcalde de Boborás; tomou posesión o 31 de decembro.[2] Ao chegar a democracia uniuse ao partido centrista UCD, e conseguiu a alcaldía nas primeiras eleccións municipais, desta vez pola forza dos votos. A alcaldía foina revalidando, se ben mudou de formación política: trala desfeita da UCD integrou Coalición Galega (eleccións de 1983) e despois a súa continuación a Coalición Progresista Galega (eleccións de 1987). Foi xulgado en 1990 con Laureano Caride Romero e Manuel Cendón Caíña acusados de falsificación de documento público, para facilitar a afiliación ao réxime xeral agrario da Seguridade Social de vecinos de Beariz.[3] En 1991 decidiu non presentarse á reelección e abandonou a alcaldía.


Predecesor:
Ramiro Fernández Nogueira
  
Alcalde de Boborás
 
1971 - 1991
Sucesor:
Cipriano Caamaño

Vida persoal editar

Na mocidade foi xogador do Spórting Carballiño[4] e da Unión Deportiva Ourensá.[5]

Casou e tivo cinco fillos.[6]

Notas editar

  1. "Adiós a Cándido Cabanelas, maestro de vocación y alcalde de Boborás durante dos décadas". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02. 
  2. La Región, 4-1-1972, p, 3.
  3. "Dos ex-alcaldes de Beariz y el de Boborás ocupan hoy el banquillo de los acusados", La Voz de Galicia, Ourense, 22-5-1990, p. 28.
  4. "Cándido Cabanelas: cada día que pasa estou máis contento de aban dona-la política." (en castelán). La Voz de Galicia. 2023-11-01. citado en Badal Novas. Consultado o 2023-11-02. 
  5. "Fallece Cándido Cabanelas Barros, alcalde de Boborás durante dos décadas". La Región (en castelán). 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02. 
  6. "Falece D Cándido Cabanelas Barros ex-alcalde de Boborás". BadalNovas. 2023-11-01. Consultado o 2023-11-02.