Cádiz (zarzuela)

Cádiz é unha zarzuela (denominada episodio nacional cómico-lírico-dramático) en 2 actos e 9 cadros con música de Federico Chueca e Joaquín Valverde sobre un libreto en castelán de Javier de Burgos. Foi estreada no Teatro Apolo de Madrid o 20 de novembro de 1886 e reflicte o ambiente da cidade en 1812, cando o pobo se defendeu do asedio dos exércitos de Napoleón e as Cortes redactaron a primeira Constitución Española.

Cádiz
Porto de Cádiz no século XIX.
FormaZarzuela
Actos e escenas2 actos e 9 cadros
Idioma orixinal do libretoCastelán
LibretistaJavier de Burgos
Estrea20 de novembro de 1886
Teatro da estreaTeatro Apolo
Lugar da estreaMadrid
Música
CompositorChueca e Valverde
Personaxes

Véxase personaxes

Historia editar

Cádiz foi estreada o 20 de novembro de 1886 no Teatro Apolo. Esta obra constitúe un modelo de zarzuela popular, pintura brillante e expresiva dun momento culminante da historia de España, entresacado dun dos Episodios Nacionais de Benito Pérez Galdós. “Chispero” describe a estrea dicindo que “o éxito foi clamoroso. O libro gustou moito e a música moito máis. O desfile final do primeiro acto coa marcha, que logo foi histórica nos anais españois, puxo ao público en pé, os aplausos cos que se premiou a saída do liberador de Cádiz enardeceu a todos os espectadores, moitos dos cales, segundo algúns cronistas, enronqueceron vitoreando a España, totalmente alleos ao feito de estar asistindo a unha evocación teatral, e como si verdadeiramente tiveran formado parte do pobo de Cádiz que aclamaban aos seus heroes. Todo o acto segundo transcorreu entre ovacións poucas veces superadas no teatro, e os autores foron aclamados durante a representación e ao final dela”. Curiosamente a famosa marcha non fora composta para esta zarzuela, senón que o fora 20 anos antes co nome de “Himno de Prim”, e que logo foi incluída nesta obra.

Deleito y Peña comentou que a “marcha” de Cádiz pasou a todos os rexementos españois e aos pianos de todos os cafés. En 1898, cando a guerra contra os Estados Unidos exaltou a febre españolista, tratouse de converter esa peza no himno español, e polo resultado militarmente adverso, esta marcha pareceu despois un responso fúnebre e foi maldita como exaltadora da tola aventura.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea,
20 de novembro de 1886
Curra, unha "maja" soprano Adelaida Latorre
Carmencita, xove casadeira namorada dun capitán actriz Joaquina Pino
Doña Angustias, aia de Carmencita Srta. Borja
Una mulata, habaneira de Cádiz soprano Cecilia Delgado
Unha nai soprano Mercedes Guerra
Etelvina actriz Loreto Prado
El Rubio, calesero tenor Sr. Cruz
Fray Casto, un Negrito e un Ciego actor cantante Julio Ruiz
Fray Cirilo actor cantante Julián Castro
Lorenzo, sobriño do marqués barítono Pablo Díaz
El Marqués actor Ricardo Morales
Don Cleto, titor de Carmencita barítono Gabriela Sánchez Castilla
Fernando, mozo capitán alistado contra Napoleón actor Sr. Campos
Señorita actriz Sra. Bermejo
Oficiais ingleses barítonos Sr. Alentón e Manuel Barreal

Características editar

A obra é unha das máis espontaneamente inspiradas de Chueca e os seus números pasaron rapidamente ao dominio público. Na súa música, sendo tan caracteristicamente chuequista, non se dá o ton "chulángano" que cultivou, senón que se adapta ao ambiente andaluz con moita propiedade, como nas sevillanas e caleseras que cantan Curra e El Rubio.

Argumento editar

A obra comeza cun coro de gaditanos desconcertados ante os preparativos para defender a cidade do ataque do exército francés. Lorenzo e o Rubio, un frade e un "currutaco", de diferente condición social, discuten sobre as posibilidades de éxito. Por outra banda, Carmencita, unha rapaza casadeira namorada dun capitán, sofre os asedios da súa aia Angustias e o seu titor Cleto, que tenta sacarlle da cabeza as ideas de voda co capitán para seducila el mesmo. Na escena seguinte, o Marqués comunica a Cleto que todo o povo está colaborando na construción de fortificacións para protexer a cidade e que arrasará a casa de verán que posúe nas aforas, o que induce ao titor a idear unha fuxida con Carmencita para librarse dos que cre perdedores na batalla. A continuación, a escena presenta un lance de amor entre Curra e o Rubio chea de graza. O titor saíu de Cádiz nunha calesa para organizar a súa fuxida e por iso Carmen vese obrigada a pedir cobixo na casa do Marqués; Lorenzo, sobriño deste, rógalle que non marche. Mentres, o Rubio, condutor da calesa, faina envorcar sospeitando o que tramaba Cleto. Anuncian a chegada de soldados de reforzo e con iso a de Fernando, prometido de Carmen; hai un alboroto popular que se completa coa detención do titor.

O segundo acto comeza cunha festa popular que celebra as dificultades dos franceses para achegarse á cidade, á que asisten as forzas inglesas de apoio, a quen os andaluces cantan o número dos lores. Cleto segue tramando a fuxida mentres Lorenzo e Fernando falan das súas accións de guerra. A desaparición de Carmen e Cleto mobiliza a todos para tentar localizalos. Dáse paso a un cadro titulado “La Constitución” onde o povo canta diversos aires en honor de “la Pepa”, entre eles o famoso tango da negra. Pechado con Carmen, Cleto tenta que esta colabore nos seus plans afirmando que a sorte da cidade está botada, mais aparecen Lorenzo e Fernando gardando ben ao titor. Nos breves cadros oitavo e noveno, o pobo celebra a súa vitoria fronte ao invasor.

Números musicais editar

Acto I editar

  • 1 Preludio, introdución e diana, “¡Vaya una jarana!”.
  • 2 Dúo, sevillanas e caleseras, “¡Ven para aquí, retesalá!”.
  • 3 Pasacalle, “El barrio de la Viña”.
  • 4 Barcarola. “El que sea patriota”.
  • 5 Marcha de Cádiz (Pasodobre) “Los cornetas nos anuncian”.

Acto II editar

  • 6 Preludio e tango flamenco, “Enfrente e la Cortaúra”.
  • 7 Panadeiros e zapateado, “Cuando en Cádiz sale el sol”.
  • 8 Polka dos ingleses e damiselas, “Miss lord, miss lord, me paece a mí”.
  • 9 Coro e danza dos negritos, “A reír y cantar gaditanos……Era una pobe nega”.
  • 10 Canción do cego “Tin, tipi, tipi, tipité…..¿Quién compra un papelito”.
  • 11 Marcha da Constitución.
  • 12 Orquestral: A treboada.
  • 13 Orquestral.
  • 14 Jota “Ya habrán visto los franceses”.

Discografía editar

Ano Intérpretes Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo
2001 Teresa Verdera
Maria Dolores Leal Ruz
Sagrario Robolán Michinina
Yolanda Romilda Vázquez
Juan Ponce Delgado
J. Mera
Enrique Ferrer
Fernando Saiz Alcántara
Francisco Javier Rodríguez Jurado
Pau Bordas
José luis López Aranda Discos de la Frontera Sur[1]
1964 Isabel Rey
José Bros
Ana Ibarra
Carlos Bergasa
Emilio Sánchez
Luis Álvarez
Sonia Gancedo
Victoria Marchante
Gonzalo Burgos
Francisco Santiago
Víctor Pablo Pérez,
Orquestra Sinfónica de Galicia e Coro da Comunidade de Madrid
Deutsche Grammophon[2]

Notas editar

  1. Os intérpretes desta gravación poden non ser exactos.
  2. Orquestra Sinfónica de Galicia

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar