Os bosques de algas, ás veces chamados kelp polo nome en inglés, son un tipo de ecosistema mariño que está presente ao redor de colonias de algas; conteñen unha rica biodiversidade. As algas poden estirarse de 2 a 30 metros ou máis (até 60 m en Macrocystis pyrifera) desde as súas ancoraxes no fondo do mar até a superficie. Ofrece unha infraestrutura vertical que alberga moitas especies de peixes e invertebrados. Os bosques de algas adoitan tamén atraer visitantes de mamíferos, incluíndo baleas, leóns mariños, lontras mariñas e humanos que practican o mergullo.

Bosque de algas (kelp)

Os bosques de algas levan o seu nome pola analoxía cos bosques terrestres.

Nalgúns lugares, os ourizos de mar comen tantas plantas de algas que o bosque de algas convértese nun deserto de ourizos. [1]

Arquitectura de ecosistemas editar

 
Sardiñas nadan por un bosque de algas en California.

As algas xigantes usan flotadores cheos de gas para manter a planta suspendida, o que permite que as láminas de algas próximas á superficie do océano capten a luz para a fotosíntese. A arquitectura dun ecosistema forestal de algas está baseada na súa estrutura física, que inflúe nas especies asociadas que definen a súa estrutura comunitaria. O ecosistema pode incluír cinco grupos de algas:

  • As algas carpa (canopy) inclúen as especies máis grandes e adoitan constitúen doseis ou carpas flotantes que se estenden até a superficie do océano (por exemplo, Macrocystis e Alaria).
  • As algas que forman talos estirados (stipitate) medran xeralmente a uns poucos metros sobre o fondo do mar e poden crecer en agregacións densas (por exemplo, Eisenia e Ecklonia).
  • Os algas prostradas (prostrate) xacen preto e ao longo do fondo do mar (por exemplo, Laminaria).
  • Os bentos están compostos por outras especies de algas (por exemplo, grupos funcionais filamentosos e foliosos, coralinos articulados) e organismos sésiles ao longo do fondo oceánico.
  • As algas coralinas incrustantes cobren directamente e moitas veces extensamente o fondo oceánico.
 
Bosque de algas artificiais no Monterey Bay Aquarium.

Dentro dun bosque coexisten moitas especies de algas; o termo dosel ou carpa do sotobosque fai referencia ás algas estiradas (stipitate) e prostradas (prostrate). Por exemplo, unha carpa de Macrocystis pode estenderse moitos metros por riba do fondo do mar cara á superficie do océano, mentres que un sotobosque das algas Eisenia e Pterygophora alcanza só uns poucos metros cara a arriba. Debaixo destas algas, pode producirse un conxunto bentónico de algas vermellas foliosas. A densa estrutura vertical con copa superposta forma un sistema de microambientes semellantes aos observados nun bosque terrestre, cunha rexión de copa soleada, un medio parcialmente sombreado e o fondo mariño escuro. Cada grupo ten organismos asociados, que varían nos seus niveis de dependencia do hábitat, e a agrupación destes organismos pode variar coa morfoloxía das algas. Por exemplo, en California, os bosques de Macrocystis pyrifera, os nudibranquios ou lesmas de mar, Melibe leonina, e o camarón esqueleto, Caprella californica, están estreitamente asociados coas copas de superficie; a perca de algas Brachyistius frenatus, o peixe Sebastes spp. e moitos outros peixes atópanse no sotobosque estipitado; gradicelas (Ophiuroidea) e caracois turbante Tegula spp. están intimamente asociados co bosque de algas, mentres que varios herbívoros, como os ourizos de mar e o abalón, viven baixo o a carpa prostrada; moitas estrelas mariñas, hidroides e peixes bentónicos viven entre o bentos; corais solitarios, varios gasterópodos e equinodermos viven sobre as algas coralinas incrustantes. Ademais, os peixes peláxicos e os mamíferos mariños están vagamente asociados cos bosques de algas, normalmente interactuando preto dos bordos mentres os visitan para alimentarse de organismos residentes.

Notas editar

 

  1. "Otters and urchins at bay". UCSD.edu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.