Borja Gómez
Borja Gómez Pérez, coñecido habitualmente como Borja Gómez, nado en Madrid o 14 de maio de 1988, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como defensa central.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1988 (36 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 184 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNado en Madrid, formou parte das categorías inferiores do Real Madrid, aínda que non conseguiu chegar ao primeiro equipo. Posteriormente asina coa Unión Deportiva Alcorcón, con quen consegue o ascenso a Segunda División en 2010, sendo titular con tan só 21 anos. Ao ano seguinte asinaría con outro equipo da Comunidade de Madrid, o Rayo Vallecano, que a final de tempada que tamén conseguiría o ascenso, esta vez a Primeira División. Con todo, Borja Gómez non viviría o ascenso en primeira persoa, xa que despois de xogar 11 partidos no equipo de Vallecas, o 2 de marzo de 2011 asina un contrato de 3 anos co Football Club Karpaty Lviv da Premier Liha ucraína.[1] Ao ano seguinte sería cedido ao Granada Club de Fútbol da Primeira División, onde xogaría 31 partidos como títular, o que fai que o club andaluz se faga cos seus servizos. Na tempada 2013-14 é cedido ao Hércules Club de Fútbol, onde debido ás lesións non goza de moitos minutos. O 21 de agosto de 2014 o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia que xogará cedido nas súas filas cedido polo club granadino.
Clubs
editarAno | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2007-2008 | AD Alcorcón | Segunda B | 21 | 0 |
2008-2009 | AD Alcorcón | Segunda B | 34 | 0 |
2009-2010 | AD Alcorcón | Segunda B | 31 | 0 |
2010-2011 | Rayo Vallecano | Segunda | 11 | 0 |
2011-2012 | Karpaty Lviv | Premier Liha | 10 | 0 |
2012 | Granada CF | Primeira | 19 | 0 |
2012-2013 | Granada CF | Primeira | 12 | 0 |
2013-2014 | Hércules CF | Segunda | 10 | 0 |
2014-2015 | CD Lugo | Segunda | 30 | 2 |
Notas
editar- ↑ FC Karpaty Lviv, ed. (11 de marzo de 2011). "Borja Gomez Perez becomes Karpaty player". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2014.