Borja Agirretxu

futbolista español

Francisco de Borja Agirretxu Barreiro, nado en Getxo (Biscaia) o 25 de agosto de 1968, é un futbolista vasco xa retirado. Xogou de defensa.

Infotaula de personaBorja Agirretxu
Biografía
Nacemento(eu) Francisco de Borja Agirretxu Barreiro Editar o valor em Wikidata
25 de agosto de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Getxo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Valladolid
- Bilbao Athletic
- Real Club Celta de Vigo
- Athletic Club Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sendo xuvenil fichou polo Athletic Club de Bilbao. Na tempada 1986/87 debutou co equipo filial, o Bilbao Athletic xogando na Segunda división española. Estivo catro anos no equipo, sendo titular na defensa dos cachorros. Nesa etapa o Bilbao Athletic descendeu a Segunda División B e rcuperou a categoría de prata. A mediados da tempada 1989/90 foi requirido polo primeiro equipo, adestrado por Txetxu Rojo. Debutou na primeira división o 21 de xaneiro de 1990 no derbi vasco ante a Real Sociedad no Estadio de Atotxa. Nesa tempada Agirretxu xogou 17 partidos de liga. De cara á seguinte tempada foille renovado o contrato, pero foi cedido ao Real Valladolid, onde só xogou 4 partidos oficiais (2 deles de liga).

Agirretxu xogou durante 6 tempadas en Vigo, entre 1991 e 1997, se ben só foi titular indiscutible nas dúas primeiras campañas. Na tempada 1992/93 foi cedido ao Celta de Vigo, que xogou esa tempada en segunda división adestrado por Txetxu Rojo. Deputou no Estadio de Balaídos ante a UE Lleida, con vitoria celeste por 3-0. Ese ano o equipo acadou o ascenso a primeira división, logo de que Agirretxu xogase 34 partidos de liga. Tras esa primeira tempada cedido, fichou polo Celta, quedando desvinculado do Athletic.

Na tempada 1992/93 Agirretxu xogou 33 partidos de Liga e o equipo logrou a permanencia. Na tempada 1993/94 o Celta chegou á final da Copa do Rei, que perdeu na quenda de penalties ante o Real Zaragoza logo de empataren a cero goles, se ben Agirretxu non xogou ese partido. Trala marcha de Txextu Rojo chegou como adestrador Carlos Aimar. O 7 de maio de 1995 Agirretxu meteu o seu primeiro gol co equipo vigués, ante o Valladolid en Balaídos. Nas tres tempadas seguintes non foi titular indiscutible, pero xogou bastantes partidos. Neses tres anos o equipo acadou a permanencia.

Na tempada 1996/97 estaba a ser titular indiscutible na primeira metade da tempada. Porén, o 4 de xaneiro de 1997 deu positivo por nandrolona nun control antidopaxe, logo dun Valladolid-Celta. O caso deuse a coñecer a comezos de febreiro, e o futbolista non volveu xogar co equipo celeste. O seu último partido foi na xornada 21, fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.

Agirretxu foi o primeiro positivo por dopaxe sancionado na Primeira división española. Ao rematar a tempada o Tribunal de Disciplina Deportiva impúxolle unha sanción de seis meses de suspensión. A sanción por consumo de nandrolona está tipificada cun mínimo de dous anos de inactividade, mais houbo atenuantes por unha serie de defectos de forma[1]. Agirretxu negou sempre que tomase nandrolona de forma consciente. Inicialmente achacou o positivo a unhas pílulas que tomaba para evitar a caída do cabelo[2], e posteriormente culpou do positivo aos servizos médicos do Celta.

Agirretxu fichou pola SD Compostela. Na tempada 1997/98 xogou 11 partidos en primeira división, mais o equipo composteláns perdeu a categoría. Na tempada 1998/99, en segunda división, xogou 32 partidos, e o equipo rematou no posto oitavo. Pouco antes de facer os 31 anos, o futbolista vasco decidiu colgar as botas.

POrén, no ano 2005 Agirretxu volveu aos campos coa SD Leioa en categoría rexional, equipo no que xogou dúas tempadas.

Equipos editar

Club Ano
Bilbao Athletic 1986-1990
Athletic Club 1990
Real Valladolid 1990-1991
Celta de Vigo 1991-1997
SD Compostela 1997-1999
SD Leioa 2005-2007

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar