Abrir o menú principal

Carlos Aimar

futbolista arxentino

Carlos Daniel Aimar, nado en Corral de Bustos o 21 de xullo de 1950, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino.

Carlos Aimar
Cai aimar.jpg
Información persoal
Nacemento 21 de xullo de 1950
  Corral de Bustos
Nacionalidade Arxentina
Posición centrocampista

TraxectoriaEditar

Como xogador desenvolveu a súa carreira principalmente en Rosario Central, club onde a iniciou en 1971 e co que gañou o campionato nacional en 1971 e 1973. No ano 1979 colgou as botas nas filas do San Lorenzo de Almagro. Xogaba na demarcación de volante dereito.

Como técnico comezou adestrando as categorías inferiores de Ferrocarril Oeste ata que deu o salto en 1988 para adestrar ao Deportivo Español. Un ano despois emigra a Europa para alistarse nas filas do CD Logroñés na Primeira División na cal remata sétimo a dous puntos da clasificación para a Copa da UEFA.

Tras ese bo ano é fichado polo Boca Juniors, co que gaña unha Supercopa e unha Recopa Sudamericana. En 1991 dirixe ao Rosario Central antes de volver ao ano seguinte ao Logroñés, a que logra salvar do descenso no último momento.

No ano 1994 ficha polo Celta de Vigo para substituír a Txetxu Rojo, a pesar do desmantelamento do aliñamento céltico que o ano anterior chegara á final da Copa do Rei o equipo non fai mal ano. Porén o ano seguinte é moi diferente, o Celta comeza o ano coa famosa crise dos avais que case lle supoñen o descenso administrativo e tras oito xornadas Carlos Aimar foi substituído por Fernando Castro Santos

En 1996 volve a Arxentina para adestrar a San Lorenzo de Almagro por un período moi breve, volvendo a España ao CD Logroñés e ao CD Tenerife

No ano 2002 tras un breve paso por Club Atlético Lanús, ficha polo Club Deportivo Leganés, porén non remata a temporada presentando a súa dimisión. Non regresa as bancadas ata a tempada 2005-06, cando ficha polo Quilmes Atlético Club, co que tampouco finaliza contrato.

Tralo abandono da súa carreira como adestrador, Aimar pasou a Subsecretario de Deportes en Santa Fe, provincia da Arxentina.

Véxase taménEditar