Bonet
O triciclo Bonet, coñecido tamén simplemente como Bonet, foi o primeiro vehículo propulsado por un motor de combustión interna fabricado na Península Ibérica[1] e un dos primeiros de Europa.[2] Obra de Francesc Bonet i Dalmau, enxeñeiro catalán nado en Valls (Alt Camp), o invento foi patentado en Barcelona o 12 de decembro de 1889[3] e hai constancia da fabricación dun só exemplar, construído por Bonet para o seu uso particular.
Bonet | |
---|---|
Tipo | Triciclo |
Fabricante | Francesc Bonet |
País | ![]() |
Outros nomes | Bonet Único |
Período | |
Deseño | Francesc Bonet |
Produción | 1 unidade |
Montaxe | Barcelona, ![]() |
Configuración | |
Configuración | Motor central / tracción traseira |
Tren motriz | |
Motor | Dun cilindro, con 462 cc e 2 HP (2 CV; 1 kW) |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
Malia que inicialmente a intención do seu creador era construír un vehículo de catro rodas, así constatado nos planos orixinais,[4] finalmente conformouse cun triciclo debido aos problemas técnicos que lle foron xurdindo durante a construción do seu invento. Aínda así, o Bonet pasou á historia como o primeiro "automóbil" construído na península polo feito de que os planos e a patente así o especificaban.
Pódense ver senllas reproducións do triciclo Bonet na Colección de Automóbiles Salvador Claret de Sils e no Museo da Automoción de Salamanca.
Historia
editarEn 1889, Francesc Bonet visitou a Exposición Internacional de París e levouse a Barcelona, onde residía e rexentaba unha fábrica téxtil, un motor Daimler Panhard & Levassor de 2´5 HP (quedou ata a factura, datada a 28 de outubro de 1889). Máis adiante, comprou dous motores máis: un monocilíndrico (crese que foi este o que montou ao seu triciclo) e un bicilíndrico, os dous igualmente de 2 HP de potencia. O 12 de decembro, solicitou en Barcelona a patente daquilo que el consideraba «un coche de catro rodas».
Francesc Bonet construíu o seu triciclo na fábrica de xéneros de punto que rexentaba.[2] Unha vez construído, cara ao verán de 1890, empezou a circular polo Passeig de Gràcia, a miúdo acompañado do pai da soprano Josefina Huguet (a quen Bonet dera formación musical), do empresario Bertrand e do mecánico que mantiña o artefacto. Hai constancia que a súa velocidade era equiparable ao paso dunha persoa sobre terreo plano, pero o triciclo era case incapaz de superar pendentes lixeiras por exemplo a que hai entre a Gran Vía e a Carrer del Consell de Cent, subindo polo Paseo de Gràcia. Para facelo, facía falta que os pasaxeiros baixasen do triciclo e empuxasen mentres Bonet aceleraba.
Naquela época, o espectáculo que ofrecía o feito de ver circular un coche "propulsado por si mesmo" facía que moita xente se reunise na rúa para velo pasar. Moitos barceloneses denominaban a Bonet con admiración «O home do coche sen cabalos».
Despois do invento de Bonet, non hai ningunha outra noticia de vehículos de motor en Cataluña (nin na península) ata a aparición dos La Cuadra e de dous vehículos movidos por caldeira de vapor (patentados por Eugeni Bresson en Barcelona no ano 1900).
Características técnicas
editarO triciclo Bonet constaba dun chasis formado por dous largueiros irregulares e simétricos. Un conxunto de barras paralelas e bielas desprazaba a forza motriz á roda traseira. A suspensión baseábase en oito béstas semielípticas colocadas en catro grupos de dous. Fai falta mencionar que entre as modificacións introducidas para a realización práctica da súa obra, o feito de que as catro rodas dos planos orixinais transformáronse en só tres (dúas directrices diante e unha motriz detrás, as tres recubertas de goma), por certos problemas coa dirección e o diferencial. Díxose que foi xustamente o descoñecemento deste dispositivo por parte de Bonet a principal causa do paso das catro rodas previstas ás tres finais.
A potencia do motor trasladábase á roda motriz traseira por medio dunha correa e unha polea de 8 polgadas, con tensor en marcha por medio do desprazamento do eixe posterior grazas ao accionamento do pedal, situado no chan, xusto diante do condutor.
Prestacións
editarO triciclo Bonet era capaz de acadar unha velocidade máxima de 12 km/h.[5]
Notas
editar- ↑ "El Transport i motos Montesa". mnactec.cat (en catalán). Museu de la Ciència i de la Tècnica de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 20 abril 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Ciuró, Joaquim (1970). "Bonet". Historia del automóvil en España (en castelán). Barcelona: Ediciones CEAC, SA. pp. 19–23.
- ↑ Herreros, Francisco; Aznar, José Luis (1998). "Los antecedentes más remotos". Historia del motociclismo en España (en castelán). Barcelona: RACC & Hipòtesi Edi-Balmes Edició SL. pp. 14–15. ISBN 84-920886-5-6.
- ↑ "Bonet". losorigenes.net (en castelán). 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 24 abril 2013.
- ↑ 1889: El hombre del coche sin caballos. La Vanguardia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bonet |