Museo de Historia da Automoción de Salamanca
Coordenadas: 40°57′30″N 5°40′01″O / 40.95825833, -5.66693056
O Museo de Historia da Automoción de Salamanca é o primeiro museo público de España adicado ao motor. Inaugurado a finais de setembro de 2002 polos reis de España Xoán Carlos I e Sofía,[3] conta nos seus fondos con máis de 200 automóbiles históricos, algúns únicos, así como milleiros de accesorios relacionados co automóbil. O museo localízase fronte á Casa Lis, nun edificio que foi a primeira planta de produción de electricidade que tivo Salamanca.
Museo de Historia da Automoción de Salamanca | |
---|---|
Un Hispano Suiza T-49 dos anos 1920 no Museo de Historia da Automoción de Salamanca. | |
País | España |
Cidade | Salamanca |
Tipo | Museo de automóbiles |
Director | Luis Miguel Mata Pérez |
Inauguración | Setembro de 2002 |
Superficie | 3.450 m²[1] |
Visitantes | Máis dun millón dende 2002[2] |
Na rede | |
http://museoautomocion.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Características
editarDentro das 90 pezas expostas, que van rotando entre as preto de 240 que posúe a colección, pódese gozar dalgunhas xoias da historia do automóbil, como o triciclo Benz Patent-Motorwagen patentado polo enxeñeiro alemán Karl Benz que está considerado como o primeiro vehículo propulsado por un motor de explosión da historia, un Rolls-Royce Silver Ghost de 1922, un Cadillac Fleetwood 75 que pertenceu ao ditador Francisco Franco, ou a xoia da colección un Hispano-Suiza de 1930 no seu estado orixinal xa que nunca necesitou ser sometido a unha restauración. Ademais, son habituais as exposicións temporais con contidos procedentes doutras coleccións.
No museo exponse a colección de Demetrio Gómez Planche,[4] un antigo arquitecto técnico, quen coa axuda da súa familia, reuniu durante máis de 40 anos todo tipo de automóbiles, motocicletas, documentos e accesorios relacionados co mundo do automóbil. Á colección de Gómez Planche uníronse as achegas da Dirección Xeral de Tráfico,[5] o Centro Histórico Iveco-Pegaso e outras achegas tanto públicas como privadas como é o caso dunha das últimas pezas, un BMW 325i de 1982 cedido por Keti Gutiérrez Enríquez.
O Museo de Historia da Automoción de Salamanca tamén está equipado cunha biblioteca, unha hemeroteca, unha videoteca e un arquivo.
Notas
editar- ↑ Museo de Historia de la Automoción, un viaje sobre ruedas. Menudaessalamanca.com.
- ↑ El Museo de la Automoción supera el millón de visitantes (20-06-2023). Salamancartvaldia.es.
- ↑ País, Ediciones El (26 de setembro de 2002). "Salamanca abre el primer museo público dedicado al automóvil" (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2023.
- ↑ "El legado de Gómez Planche a través de casi cien vehículos". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2023.
- ↑ Norma, Néstor (Setembro-outubro de 2002). "Revista DGT / Historia del automóvil" (PDF). Tráfico y seguridad vial.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarVelasco Sánchez, José Tomás (2015). Guía de los Museos de Salamanca. Una visita alternativa. Salamanca a través de sus Museos. Madrid: Bubok Publishing. ISBN 978-84-686-6710-2.