Bloque (grupo musical)

Bloque foi un grupo cántabro de rock progresivo formado en 1973. Foi un dos grupos clave na historia do rock español das décadas dos 70 e 80. Permaneceu activo até 1981.

Bloque
OrixeTorrelavega e Santander, Cantabria Cantabria
Período1973 - 1981
Xénero(s)rock, rock urbano, rock progresivo, rock sinfónico
MembrosLuis Pastor
Juan José Respuela
Sixto Ruiz
Paco Baños
Juan Carlos Gutiérrez, teclista
Na rede
Musicbrainz: fc44a6c9-dbfb-4e27-81d7-915362bafe81 Discogs: 1769185 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Bloque formouse en Torrelavega e Santander (Cantabria) en 1973, cando Luis Pastor, Juan José Respuela, Sixto Ruiz e Paco Baños, inspirándose en grupos como The Allman Brothers Band, Yes ou King Crimson, decidiron dar renda solta á súa imaxinación musical e crear esta banda. Coa chegada do teclista Juan Carlos Gutiérrez atoparon o son que lles caracterizaría, enérxico e envolvente, no que destacan os sos a dúas guitarras de Respuela e Ruiz, ao modo de The Allman Brothers Band.

Os seus primeiros concertos importantes tiveron lugar nos festivais de León e Burgos, así como en Cataluña, no Nadal Rock. Máis tarde actuaron no famoso local de rock M&M, en Madrid, e no programa de televisión de TVE Voces a 45.

Por mor desta serie de eventos, Chapa Discos, un selo pertencente á discográfica Zafiro, contrátaos e editan o seu primeiro LP en 1978, titulado como o grupo e producido por Vicente Romeu e Luís Soler. Do disco, gravado en só cinco días, extráense dous singles, "La Libre Creación" / "Nostalgia" e "Undécimo Poder" / "Abelardo y Eloísa".

Ao ano seguinte, 1979, editan Hombre, Tierra y Alma, que produciron eles mesmos.

En 1980 sacan El Hijo del Alba, gravado con moita máis calidade, pero que non tivo o éxito esperado, debido, sobre todo, ao cambio nos gustos musicais que se estaba vivindo coa aparición da movida madrileña. Extráense del dous singles, "El hijo del alba" / "La razón natural" e "Quimérica laxitud" / "Danza Del agua" (fragmento).

Para rematar, editaron un último disco, ao que titularon Música para la Libertad (1981). Del publicáronse dous sinxelos, "Detenidos en la Materia" / "Mágico y salvaje" e "Sólo sentimiento" / "Detenidos en la materia". Tras a súa publicación, disolvéronse.

En 1993 dous dos membros orixinais, Juan José Respuela e Juan Carlos Gutiérrez, conseguen unir á banda e facer unha serie de concertos, acompañados por varios colaboradores.

En 1999 edítase o disco En Directo, unha gravación realizada en 1994 na sala Revólver de Madrid, coa participación de Iván Velasco (guitarras), Luís Escalada (batería), Pepe Masides (baixo) e Marcos Gómez (teclados).

En 2008 reúnense para celebrar un concerto extraordinario en Santander xunto a grupos como Danza Invisible, Soil & Pimp Sessions e Achtung Babies.

Membros

editar
  • Luis Pastor
  • Juan José Respuela
  • Sixto Ruiz
  • Paco Baños
  • Juan Carlos Gutiérrez, teclista

Discografía

editar
  • Bloque
  • Hombre, Tierra y alma
  • El hijo del alba
  • Música para la libertad
  • Grandes exitos