Bieito de Aviñón

Bieito de Aviñón (en provenzal: Bénézet; tamén chamado Benet, Benoît ou o Construtor da Ponte), nado ca. 1163 e finado en 1184, é un santo da Igrexa católica. A tradición cristiá conta que era un mozo pastor que tivo unha visión durante un eclipse en 1177 que o levou a construír unha ponte sobre o Ródano, en Aviñón (Reino de Arlés)

Modelo:BiografíaBieito de Aviñón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Bénézet d'Avignon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1165 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Burzet, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1184 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (18/19 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Aviñón Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de abril Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A lenda conta que os anxos lle dixeron que coidarían dos seus rabaños mentres estivera fóra. Construíu a ponte el só, xa que as autoridades civís e relixiosas negáronse a axudarlle. Dise que Bénézet ergueu a pulso unha pedra enorme e anunciou que ese sería o inicio da fundación. Chegaría a ser a Ponte de San Bénézet.

A mesma lenda di que houbo berros de "Milagre! Milagre!" cando Bénézet pousou a primeira pedra. Houbo dezaoito milagres en total: os cegos volveron ver, os xordos volveron oír, os inválidos podían andar e aos corcovados endereitáronselles as costas. Desta forma Bénézet acadou apoios de adiñeirados patróns para o seu proxecto, que se di que formaron a Orde dos irmáns pontífices para financiar a súa construción.

Veneración

editar

Despois da súa morte, Bénézet foi enterrado na propia ponte, nunha pequena capela dedicada a San Nicolás, patrón dos mariñeiros, e que inda está de pé nun dos piares que se conservan na beira de Aviñón. As súas reliquias gardáronse alí até 1669, cando unha inundación levou parte da ponte. Ao abrir o cadaleito recuperado, o corpo de Bénézet estaba incorrupto. As reliquias foron trasladadas á Catedral de Aviñón e de aí á igrexa celestina de Santo Desiderio, en Aviñón. Os restos da ponte son aínda un lugar de peregrinación.[1]

  1. Gross, Ernie. This Day in Religion. New York: Neil-Schuman Publishers, 1990. ISBN 1-55570-045-4.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar