Bibiana Candia
Bibiana Candia Becerra, nada na Coruña o 17 de agosto de 1977, é unha escritora e xornalista galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1977 (47 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista |
Premios | |
Páxina web | bibianacandia.com |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e traballou para a propia universidade ao rematar os estudos[Cómpre referencia]. No ano 2011 mudouse a Berlín para dedicarse profesionalmente á literatura. Na capital alemá traballou como xornalista freelance e como escritora[2].
Colabora coa revista Jot Down, con Letras Libres, The Objective[3] e co Instituto Cervantes de Berlín.[4]
Empezou a escribir poesía e formas narrativas breves ata que en 2021 publicou a ficción de base histórica Azucre, que abriu a súa obra a unha maior repercusión e que estivo varias semanas entre os libros máis vendidos en España en ficción histórica[5]. Mentres tanto, obtiña tamén senllos premios ao seu labor xornalístico.
Obra
editarPoesía
editar- La rueda del hámster (2013). Torremozas. 56 páxs. ISBN 9788478395262.
- Las trapecistas no tenemos novio (2016). Torremozas. 72 páxs. ISBN 9788478396597.
Narrativa
editar- El pie de Kafka (2015). Torremozas. relatos construídos a partir de fragmentos de obras de Kafka.
- Fe de erratas (2018). Franz. 44 páxs. ISBN 978-84-946897-1-0.
Novela
editar- Azucre (2021). Logroño: Pepitas de calabaza. Novela na que se relata ficcionalmente a expedición de 1.700 galegos a traballaren como escravos en Cuba, promovida por Urbano Feijóo de Sotomayor. 144 páxs. ISBN 9788417386825.[6]
- Azucre (2022). Kalandraka. 198 páxs. ISBN 978-84-1343-182-6. Ilustracións de Xosé Cobas. En galego.
Recoñecementos
editar- Gañou o XLII Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba co artigo "Una legión de señoras en bata", publicado en Letras Libres[7].
- Foi premiada co Premio de divulgación feminista Carmen de Burgos[8] en 2020 por un artigo sobre a lexicógrafa María Moliner[4].
Notas
editar- ↑ Guerrero Alfaro, Sara. "Bibiana Candia: “La literatura puede ayudar a dar luz a la memoria histórica”". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 2021-12-19.
- ↑ "Bibiana Candia". LinkedIN. Consultado o 20/12/2021.[Ligazón morta]
- ↑ "Bibiana Candia". www.pepitas.net. Consultado o 2021-12-19.
- ↑ 4,0 4,1 "La autora". bibiana candia (en castelán). 2010-07-16. Consultado o 2021-12-19.
- ↑ Yagüe, David. "Las novelas históricas más vendidas en noviembre de 2021". 20 Minutos (en castelán). Consultado o 2021-12-20.
- ↑ "Azucre Pepitas de calabaza". www.pepitas.net. Consultado o 2022-04-25.
- ↑ "Bibiana Candia gana el Premio Afundación de Periodismo Julio Camba por su artículo 'Una legión de señoras en bata'". www.europapress.es. 2021-12-16. Consultado o 2021-12-20.
- ↑ Candia, Bibiana (2019-11-25). "María Moliner, nuestra señora de las palabras - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). Consultado o 2021-12-19.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web persoal (en castelán)
- Entrevista a Bibiana Candia en The Objective.
- Diálogo a propósito de Azucre, YouTube 2021