María Moliner, nada en Paniza (provincia de Zaragoza) o 30 de marzo de 1900 e finada en Madrid o 22 de xaneiro de 1981, foi unha bibliotecónoma e lexicógrafa española.

María Moliner
Nome completoMaría Juana Moliner Ruiz
Nacemento30 de marzo de 1900
Lugar de nacementoPaniza
Falecemento22 de xaneiro de 1981
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza
Ocupaciónlexicógrafa, lingüista e arquiveira
CónxuxeFernando Ramón Ferrando
Coñecida porDiccionario de uso del español
Na rede
http://www.mariamoliner.com
Dialnet: 348951
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla dun médico rural. Licenciouse en Historia en 1921 (Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Zaragoza). Traballou como funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos[1] entre 1922 e 1970. Casou co catedrático de Física Fernando Ramón e Ferrando en 1925,[2] tivo 4 fillos. A súa candidatura á Real Academia Española en 1972 foi rexeitada.[3]

Activa promotora da difusión cultural a través das bibliotecas durante a República, a través das Bibliotecas Populares.[4]

Autora do prestixioso Diccionario de uso del español, unha das principais obras da lexicografía en lingua española, no que traballou dende 1952.[5] A primeira edición desta obra foi publicada en 1966-67 pola editorial Gredos. Aínda que a autora continuou traballando na obra para preparar unha nova edición, a segunda edición non saíu ao mercado ata 1998 (logo da morte de María Moliner) en dous volumes e CD-ROM, así como unha edición abreviada nun tomo.

Comunica respecto diso o seu fillo Fernando Ramón Moliner: a "segunda edición, con tódalas súas alteracións e modificacións, é unha edición apócrifa: a miña nai caeu doente (de alzhéimer), non se decatou de nada e non lle puido dar ningún consentimento consciente".[Cómpre referencia]

No ano 2000 celebrouse o centenario do seu nacemento.[6]

 
Diccionario de uso del español. Edición de 1990.

Recoñecementos editar

En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Moliner na área de humanidades.[7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar